Experiencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Experiencia (do latín experiri = comprobar) é unha forma de coñecemento ou habilidade derivados da observación, da vivencia dun evento ou proveniente das cousas que suceden na vida. A historia desta palabra alíñase co concepto de experimento.

Tanto o ser humano coma tamén moitos animais poden obter esta forma de coñecemento chamada experiencia ó longo das súas vidas.

O concepto de experiencia xeralmente refírese ó coñecemento procedurimental (como facer algo), en lugar do coñecemento factual (que son as cousas). Os filósofos tratan o coñecemento baseado na experiencia como "coñecemento empírico" ou "un coñecemento a posteriori".

Desde o punto de vista da hermenéutica filosófica (Gadamer), soamente son posibles as experiencias se se teñen expectativas, por iso unha persoa de experiencia non é a que acumulou máis vivencias (Erlebnis), senón a que está capacitada para permitirllas.

Unha persoa con considerable coñecemento nunha área determinada pode gañar reputación coma un experto.

Referido ós xogos de rol, a experiencia é unha puntuación que permite ó personaxe adquirir características novas ou mellorar as que xa posúe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]