Beren and Lúthien
Beren and Lúthien | |
---|---|
Título orixinal | Beren and Lúthien |
Autor/a | J. R. R. Tolkien |
Ilustrador/a | Alan Lee |
Cuberta | Alan Lee |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Tema(s) | Beren e Lúthien |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | HarperCollins Houghton Mifflin Harcourt |
Data de pub. | 2017[1] |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 297[note 1] |
ISBN | ISBN 978-0-00-821419-7 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O conto de "Beren e Lúthien", presente en varias obras de J. R. R. Tolkien, é a historia do amor e aventuras do home mortal Beren e a inmortal dama elfa Lúthien. Tolkien escribiu varias versións da historia, a última recollida no Silmarillion, e o conto tamén é mencionado no Señor dos Aneis. A historia ten lugar durante a Primeira Idade da Terra Media, uns 6 500 anos[2] antes dos eventos do Señor dos Aneis.
Beren, fillo de Barahir, cortou un silmaril da coroa de Morgoth como dote para Lúthien, filla do rei elfo Thingol e Melian a maia. Foi asasinado por Carcharoth, o lobo de Angband, mais Beren foi o único dos homes mortais que regresou de entre os mortos. Viviu entón con Lúthien en Tol Galen, Ossiriand, e loitou contra os ananos en Sarn Athrad. Era o bisavó de Elrond e Elros, e polo tanto, devanceiro dos reis numenorianos. Despois do cumprimento da busca do silmaril e da morte de Beren, Lúthien escolleu ser mortal e compartir o destino de Beren.[T 1]
Tolkien baseou varias ideas do conto a partir do seu amor pola súa esposa (Edith) e despois da súa morte gravou "Lúthien" na súa lápida e máis tarde "Beren" foi gravado na súa propia.
Libro autónomo
[editar | editar a fonte]A historia foi publicada postumamente en 2017 como un libro autónomo editado por Christopher Tolkien baixo o título Beren and Lúthien.[1][3][4][5] A historia é unha das tres contidas no Silmarillion que Tolkien cría xustificadas para teren as súas propias narrativas de longa duración, sendo as outras dúas The Children of Húrin e The Fall of Gondolin. O libro está ilustrado por Alan Lee e editado por Christopher Tolkien, e presenta diferentes versións da historia, mostrando o desenvolvemento do conto ao longo do tempo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nove ilustracións a cor
Referencias primarias
[editar | editar a fonte]- ↑ J. R. R. Tolkien (Christopher Tolkien, ed.), The Silmarillion, Harper Collins, Londres, 1999.
Referencias secundarias
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "JRR Tolkien book Beren and Lúthien published after 100 years". BBC News (Oxford). 1 de xuño de 2017.
- ↑ "The Encyclopedia of Arda". Arquivado dende o orixinal o 2006-06-25. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ Flood, Alison (19 de outubro de 2016). "JRR Tolkien's Middle-earth love story to be published next year". The Guardian.
- ↑ Helen, Daniel (17 de febreiro de 2017). "Beren and Lúthien publication delayed".
- ↑ "Beren and Lúthien on the Official Tolkien Online Book Shop". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2016.
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |