Belmopán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBelmopán
Belmopan (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aRio Belize (pt) Traducir e Rio Mopan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 17°15′00″N 88°46′03″O / 17.25, -88.7675Coordenadas: 17°15′00″N 88°46′03″O / 17.25, -88.7675
EstadoBelize
Distrito (pt) TraducirCayo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación17.222 (2013) Editar o valor em Wikidata (525,38 hab./km²)
Xeografía
Superficie32.780.000 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Belize (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude76 m Editar o valor em Wikidata
Creación1 de agosto de 1970 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoSimeon López (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico8 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Taipei (2019–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webbelmopancityonline.com Editar o valor em Wikidata

Belmopán (oficialmente en inglés Belmopan), é a capital do país centroamericano de Belize. Cunha poboación estimada de 14 590 habitantes en 2006, é unha das capitais de estado máis pequenas do mundo.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome da cidade é un acrónimo dos ríos Belize e o seu afluente o Mopán, que practicamente se unen ao pé da capital.

Historia[editar | editar a fonte]

Belmopán foi edificada logo de que Belize City, situada na costa caribeña, fose destruída de feito por un Ciclón tropical en 1961. En 1962 elixiuse a localización da nova cidade nun planalto próximo ao val do río Belize, a unha altitude de só 76 metros, a 82 km cara ao interior da antiga capital. Para a elección do lugar tívose en conta que estivese ao abrigo de furacáns e que as temperaturas eran máis suaves que no litoral.

O goberno foi desprazado para Belmopán en 1970, mais, nos primeiros tempos, a poboación de Belize City non o seguiu, pois a creación da nova cidade ex nihilo pareceu utópica. Felizmente, numerosos países decidiron colocar a súa embaixada en Belmopán, o que animou un tanto a vida da pequena cidade[1]. Hoxe en día, hai instaladas en Belmopán arredor de 200 empresas, feito facilitado pola creación dunha zona industrial de máis de 80 ha, a fin de atraer poboación.

Sitios a ver[editar | editar a fonte]

Tendo en conta o pequeno tamaño e a pouca idade de Belmopán, a cidade non posúe un verdadeiro patrimonio arquitectónico e cultural. Pódese salientar o edificio da Asemblea Nacional inspirado en templos maias. Téntase atraer o turismo creando vastos espazos verdes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guide Lonely Planet Guatemala et Belize, 1998