Selección de fútbol de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Selección galega de fútbol")
Flag of Galicia.svg
Galicia
Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de AsiaActual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Jonathan Pereira selección galega.JPG
Na casa
Asociación Federación Galega de Fútbol
Confederación {{{Confederación}}}
Código FIFA
Alcume A Irmandiña
Ranking FIFA {{{Ranking}}}
Seleccionador Galicia Fran
Galicia Míchel Salgado
Máis partidos
Máximo goleador
Estrea internacional
Galicia Galicia 4 - 1 Flag of Castile.svg Centro
Coia, Vigo; 19 de novembro de 1922
Maior vitoria
Galicia Galicia 8 - 2 Naval Ensign of the United Kingdom.svg Escuadra británica
Coia, Vigo; 21 de xaneiro de 1923
Maior derrota
Galicia Galicia 1 - 3 Asturias Asturias
Coia, Vigo; 25 de febreiro de 1923

A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, que representa á Federación Galega de Fútbol, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA. Dado que este organismo non é membro da FIFA nin do COI, a selección absoluta galega non pode participar en torneos oficiais e só disputa partidos amistosos a nivel internacional. Non obstante, en categorías inferiores participa nas competicións que organiza a Federación Española de Fútbol, e dende 1999 a Selección de Galiza de afeccionados disputa a Copa das Rexións da UEFA.

O equipo é coñecido familiarmente como «A Irmandiña»[1], rememorando a historia da Galicia medieval, na cal se constituíron Irmandades para a defensa do pobo fronte os abusos dos señores.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras seleccións[editar | editar a fonte]

A confección da primeira selección galega prodúcese para a disputa do Campionato Interrexional da tempada 1922/23, un campionato de carácter obrigatorio no que participan as seleccións das federacións afiliadas á Real Federación Española de Fútbol e co que se pretendía confeccionar un combinado estatal en condicións que representase a España nos Xogos Olímpicos de 1924[2][3].

O debut oficial prodúcese o 19 de novembro de 1922 fronte á selección do Centro (ás veces tamén chamada Castela, xa que a Federación Centro abranguía as provincias castelás de Ávila, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Segovia e Toledo) nos cuartos de final do Campionato Interrexional, gañando o equipo galego por 4-1. O partido foi disputado no campo vigués de Coia. O equipo titular da estrea estaba formado por Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Balbino Clemente, Pepe Hermida, Moncho, Ramón González, Chiarroni, Polo, e Pedro Pinilla. Chiarroni marcou o 1-0. Empatou a selección Centro cun gol de Monjardín (xogador que curiosamente nacera na Coruña). Polo adiantou de novo á selección galega. Pinilla de penalti marcou o 3-1 e Ramón fixo o cuarto tanto galego[4][5][6].

Flag of Galicia.svg Selección galega - Galiza–Centro (1922)

 Isidro |  Otero |  Pasarín |  Queralt |  Balbino |  Hermida |  Moncho Gil |  Ramón González |  Chiarroni |  Polo |  Pinilla 

O primeiro partido fronte a un rival internacional tivo lugar o 7 de xaneiro de 1923. Galiza enfrontouse a unha selección lisboeta, da que formaban parte moitos xogadores da selección portuguesa, vencendo por 3-1. Por Galiza xogaron: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Jacobo Torres, Balbino, Reigosa, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. A selección gañou 3-1, con dous goles de Polo e un de Reigosa[7][8][9].

O 14 de xaneiro de 1923 a selección galega enfrontouse en Sevilla ao equipo de Andalucía no encontro de semifinais do Campionato Interrexional. O once galego compoñíano os mesmos xogadores que gañaran á selección lisboeta a semana anterior: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Torres, Balbino, Reigosa, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. Aos tres minutos, Ramón conseguiu o primeiro gol dos galegos. Empatou Andalucía de penalti pouco antes do descanso. Polo logrou o desempate e Ramón e, por cabo, Chiarroni ampliaron a vantaxe galega[10][11][12].

Luis Otero, subcampión olímpico en 1920, foi un dos integrantes da primeira selección galega.

Unha semana despois, o 21 de xaneiro, a selección galega contendeu en Coia contra unha selección da escuadra inglesa. No equipo de Galiza xogaban Isidro, Otero, Juanito Clemente, Queralt, Torres, Balbino, Salvador, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. Pinilla abriu o taboleiro, Ramón marcou o segundo tanto e Pinilla repetiu fortuna co terceiro gol[Cómpre referencia]. Os ingleses conseguiron minguar a vantaxe antes do descanso. Os xogadores foron ao vestiario cun 4-2 favorábel aos galegos. Na segunda parte a selección galega lograría catro tantos máis. O taboleiro rexistrou finalmente un 8-2 a favor da selección de Galiza[13][14].

O 28 de xaneiro a selección de Pontevedra enfrontouse á selección galega en Bouzas. Adiantouse o equipo de Galiza cun gol de Luís Correa. E no segundo tempo anotaron gol Polo, Chiarroni e outra vez Correa. A selección da ‘boa vila’ logrou o tanto de honra por medio de Besada e o partido rematou cun 4-1 no taboleiro[15][16]. Ao domingo seguinte disputouse en Pontevedra o partido de volta. Gañou a selección galega 1-3. O partido foi xogado en Pasarón. Pasarín, de penalti, e Chiarroni, en dúas ocasións, foron os goleadores do combinado galego. O gol da selección lerense foi anotado por Castillo[17][18][19].

A selección aínda xogou un partido de adestramento máis antes da final do Campionato Interrexional. Foi o 18 de febreiro no campo de Coia fronte dun combinado ferrolán-coruñés. Venceu a selección galega 7-1[20][21].

Por cabo, o 25 de febreiro de 1923 o equipo de Galiza xogou contra a selección asturiana a final do Campionato Interrexional. No once galego estaban Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Torres, Hermida, Reigosa, Balbino, Chiarroni, Polo e Pinilla. Ramón González non puido xogar a final por lesión. Polo rompeu o marcador cun tanto, pero os asturianos protagonizaron unha remontada que pechou o marcador cun 1-3 e a primeira derrota da selección de Galiza, que rematou subcampioa do torneo[22][23][24][25][26]. Despois da derrota, houbo críticas ao feito de que a selección galega fose confeccionada soamente con xogadores do Fortuna de Vigo e do Vigo Sporting e non se contase cos xogadores dos outros equipos galegos[25][26][27][28]. Porén, a boa imaxe amosada no torneo serviu de pulo para que ese mesmo ano os dous clubs vigueses decidisen fundirse nun só e crear o Real Club Celta de Vigo[29][30].

En maio dese mesmo ano, a selección galega enfrontouse outra vez coa selección de Lisboa, desta volta na capital lusa o 27 de maio. Na selección de Galiza xogaban Isidro, Juanito, Pasarín, Viñas, Balbino, Machín, Reigosa, Ramón, Manolo Posada, Polo e Pinilla. Marcou de penalti Pinilla, pero os lisboetas déronlle a volta ao marcador cos goles de João Francisco e de Jaime Gonçalves[31][32].

En novembro de 1923 comezou o campionato Campionato Interrexional da tempada 1923/24, enfrontándose o día 25 dese mesmo mes a selección de Galiza contra a selección do Centro no campo de Ciudad Lineal, en Madrid, no partido de cuartos de final. Gañou a selección do Centro por 1-0. O equipo galego estivo formado por: Isidro, Clemente, Hermida, Queralt, Balbino, Viñas, Reigosa, Gerardo, Chicha, Polo e Pinilla[33][34][35].

Ditadura de Primo de Rivera e Segunda República[editar | editar a fonte]

O Campionato Interrexional foi suprimido na asemblea da Real Federación Española de Fútbol celebrada o verán de 1924[36] e a actividade da selección galega diminuíu considerablemente. En 1929, xogouse un amigable benéfico entre a selección galega e a selección do Centro en Riazor. O equipo galego aliñou con Isidro, Manolín, Pasarín, Hermida, Rivera, Basterrechea, Reigosa, Hilario, Rogelio, Polo e Pérez. Os futbolistas Hilario, Pérez, Manolín e Basterrechea aínda que xogaban en clubs galegos non naceran en Galiza, pero iso non foi impedimento para que participasen igualmente no conxunto galaico. A selección do Centro tamén aliñou xogadores non nados no seu ámbito territorial pero que militaban nos clubs desa federación, coma Prats, Esparza, Peña, Rubio, Marín, Vázquez ou o galego Cosme. O partido rematou cun empate 0-0[37][38].

O 8 de xuño de 1930 celebrouse un partido no campo de Chamartín entre a selección de Galiza e a selección do Centro. O partido convocouse para recadar fondos para as familias damnificadas polo naufraxio de catro pesqueiros de Bouzas[39][40][41]. Ademais, o Concello de Vigo custeou unha artística copa de prata chamada Copa Vigo, deseñada por Federico Ribas, que sería outorgada á selección gañadora[40][42]. A aliñación galega foi Isidro, Jiménez, Pasarín, Paredes, Vega, Fariña, Reigosa, Losada, Chacho, Hilario e Polo. Formaron coa selección galega Jiménez e Hilario aínda que non eran nados en Galiza, e coa selección Centro xogadores como Ordoñez, San Miguel, Triana, Morera e Cosme aínda que non naceran nas provincias castelás que abranguía a súa federación. Comezou o partido marcando dous goles Losada e un gol Fariña, acabando o primeiro período con tres goles de vantaxe a favor dos galaicos. No descanso Lilo subtituíu a Isidro na portaría. Na reanudación, os do Centro conseguen marcar por medio de Ordoñez e cando xa se achegaba o final do partido Hilario anota o cuarto gol galego, finalizando así o encontro cun 1-4 a favor da selección galega[43][44][45].

Unha semana antes, Galiza derrotara o Sporting Clube de Portugal en Balaídos por 4-2. No equipo galego xogaran Isidro, Cabezo (que foi substituído aos cinco minutos por Jiménez), Hermida, Paredes, Vega, Fariña, Reigosa, Losada, Polo, Hilario e Rubio. Tres goles foron marcados por Losada e o outro por Polo. Os goles lisboetas foron de Correia e Rogério[46].

Durante estes anos, houbo tamén outros partidos de homenaxe onde tomaron parte combinados de xogadores galegos, coma o disputado o 11 de agosto de 1929 en Riazor para homenaxear a Luis Otero, onde xogou o Deportivo da Coruña con Samitier (do F.C. Barcelona) e Cosme (do Real Madrid) fronte a unha selección galega formada por xogadores do Celta de Vigo, Racing de Ferrol e o defensa Calvo do Racing Club de Madrid, empatando 0-0[47][48], ou o disputado o 7 de setembro de 1930 en homenaxe a Ramón Polo, onde un combinado galego derrotou en Balaídos o Athletic Club (campión de Liga e Copa ese ano) por 5-4[49][50].

En 1936, o Comité Rexional Pro-Olimpíada Popular seleccionou un combinado galego para participar na Olimpíada popular de Barcelona[51], resposta internacional aos Xogos de Berlín. O 12 de xullo, seis días antes do golpe de Estado, xogou o combinado galego un encontro de adestramento en Balaídos[52]. Segundo afirman certas fontes[53], moitos destes xogadores galegos ficarían na Cidade Condal, a maioría loitaría no bando republicano, e segundo algúns testemuños habería xogadores galegos deste equipo que disputarían encontros xunto a outros soldados durante a Guerra Civil española e Segunda Guerra Mundial.

O franquismo[editar | editar a fonte]

En maio de 1939, ao remate da Guerra Civil, anunciouse un partido en Balaídos entre o Futebol Clube do Porto e “a selección galega”[54][55], que rematou 5-1 a favor dos portuenses[56]. A pesar de se anunciar con ese título, non foi un partido oficial da selección, xa que non foi organizado pola Federación Galega de Fútbol, razón pola cal o Racing de Ferrol se negou a ceder os seus xogadores[57]. Despois deste encontro tamén se publicou na prensa que se estaban a facer xestións para que unha selección galega, que desta volta si sería confeccionada pola FGF, xogase no Porto contra o club dos dragões[58][59], pero isto non se chegou a producir.

Durante este período si foron disputados algúns partidos onde participaron combinados de xogadores galegos, coma o xogado en 1943 entre o Deportivo da Coruña e un equipo de galegos con Ricardo Zamora na meta[60][61][62], pero non había novas da selección galega como tal.

Malia todo, durante esta época apareceu a selección galega xuvenil, que comezou a participar no campionato estatal organizado pola Real Federación Española de Fútbol e acadou o subcampionato en 1966[63]. Xa despois da ditadura, en 1983, proclamaríase campioa[64].

Intentos de recuperación[editar | editar a fonte]

Adhesivo dos Siareir@s Galeg@s.

O primeiro partido da selección absoluta galega despois da ditadura estivo a piques de celebrarse o 24 de xullo de 1980 en Compostela, pero colleu os xogadores de vacacións. O partido ía ser contra Euscadi.

En 1982, antes do Mundial de España, houbo unha tentativa para organizar un partido contra Camerún.

A finais dos 90, o movemento bravú recuperou a Selección Galega para o debate impulsado por Siareiros Galegos dende 1996, co agrupamento de peñas do Celta, do Deportivo e mais da S.D. Compostela. En 1997, Xurxo Souto catalizou a creación do primeiro número da revista Bravú, de periodicidade irregular e que se vendía acompañado polo álbum musical Selección Xa!, dedicada á recuperación da selección galega.

A idea reencarnouse deportivamente na Estrada, nun partido entre seareiros e profesionais do xornalismo e da cultura en Galiza, que comezou coa Marcha do Antigo Reino de Galiza. Os seareiros gañaron 7-2. No equipo de intelectuais xogaban Afonso Eiré na meta, Antón Reixa, Xosé Cid Cabido e Xosé Manuel Pereiro na defensa; Moncho Viña, Manuel Rivas, Rómulo Sanjurjo, Xurxo Souto ou Paco Lodeiro na media e cara adiante.

Regreso na década do 2000[editar | editar a fonte]

A selección galega absoluta foi recuperada finalmente no ano 2005. En agosto iniciaronse as xestións cunha xuntanza entre Julio Meana, presidente da Federación Galega de Fútbol, e Santi Domínguez, Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia co goberno bipartito[65] e en setembro anunciouse un encontro para o 28 ou 29 decembro en Santiago de Compostela[66]. Finalmente, o estadio Multiusos de San Lázaro bautizou a selección galega de fútbol na súa posta de longo fronte á selección do Uruguai o sábado 29 de decembro de 2005. O colexiado ourensán Bernardino González Vázquez dirixiu o encontro. O resultado foi 3-2 a prol de Galiza[67].

Algúns dos xogadores da Selección galega de fútbol do 2005
Flag of Galicia.svg Selección galega - Galiza–Uruguai (2005)

 Diego López |  Otero |  Dacosta |  Rubén |  Capi |  Viqueira |  Borja |  Julio Álvarez |  Pablo Álvarez |  Nano |  Losada |  Dani Mallo |  Roberto |  Míchel Salgado |  Noguerol |  Iago Bouzón |  Cabrejo |  Cabanas |  Trashorras |  Deus |  Corredoira |  Juanito 
Seleccionadores: Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez

Os seleccionadores do primeiro combinado nacional foron Fernando Vázquez e Arsenio Iglesias. O once inicial estivo composto por: Diego López, na portería; Otero e Cabrejo, nos laterais; Rubén e Capi, centrais; Cabanas e Borja, pivotes; Julio Álvarez, Pablo Álvarez e Nano, centrocampistas, e Losada como home máis adiantado.

O técnico galego Fernando Vázquez, antes de comezar o partido, quitoulle importancia ao posible resultado, defendendo que o combinado galego se converteu nun "símbolo de identidade", algo que na súa opinión, lle facía falta a Galicia.

Flag of Galicia.svg Selección galega - Galiza–Ecuador (2006)

 Diego López |  Roberto |  Barragán |  Roberto Lago |  Noguerol |  Capi |  Rubén |  Manuel |  Viqueira |  Borja |  Diego Castro |  Iago |  Nano |  Julio Álvarez |  Couñago |  Losada |  Trashorras |  Jonathan Pereira |  Jonathan Vila |  Fuentes 
Seleccionadores: Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez

Arsenio Iglesias foi, xunto con Fernando Vázquez, un dos adestradores galegos desta época.

O estadio de Riazor acolleu o 28 de decembro de 2006 o segundo partido da época contemporánea da selección de Galiza. Enfronte estivo a selección de Ecuador, e o resultado final foi de empate a un (1-1)[68][69], con goles do ecuatoriano Calle e de Jonathan Pereira para os galegos. O once inicial foi o formado por López, Barragán, Rubén, Noguerol, Fuentes, Viqueira, Borja, Julio Álvarez, Nano, Trashorras e Couñago.

Flag of Galicia.svg Selección galega - Galiza–Camerún (2007)

 Diego López |  Roberto |  Queco |  Barragán |  Roberto Lago |  Iago Bouzón |  Piscu |  Jonathan Aspas |  Noguerol |  Rubén |  Viqueira |  Borja |  Diego Castro |  Sito |  Iago |  Nano |  Julio Álvarez |  Pablo Álvarez |  Couñago |  Trashorras |  Jonathan Pereira |  Jonathan Vila |  Nacho Novo 
Seleccionadores: Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez

O 27 de decembro de 2007, no estadio vigués de Balaídos, a selección galega enfrontouse a Camerún, no que era o terceiro partido da época contemporánea. O partido comezou con unha hora e corenta e cinco minutos de atraso, debido a liortas internas na selección de Camerún[70], e rematou con empate (1-1), os dous goles metidos de penalti, adiantándose primeiro Galicia, por medio de Julio Álvarez no minuto 70, e empatando para Camerún Song, no minuto 87[71]. Pese ao atraso da selección de Camerún, os seareiros rozaron o cheo no estadio, chegando aos 28.000 afeccionados.

De novo o 27 de decembro, en 2008, no estadio de Riazor, a selección galega enfrontouse á de Irán con resultado favorable á Irmandiña por 3 a 2[72]. O primeiro gol anotouno o galego Nacho Novo no minuto 22. A selección iraniana empatou no minuto 31 do primeiro tempo por mediación de Borhani. Xa na segunda parte Nacho Novo por segunda vez puxo por diante a Galiza, no minuto 58 de partido. Pouco despois, no 65 e de penalti, Roberto Losada ampliaba o marcador batendo o porteiro e poñendo o 3-1 no marcador. O iraniano Khalatbari recortou o marcador poñendo o definitivo 3 a 2.[73]

Flag of Galicia.svg Selección galega - Galiza–Irán (2008)

 Diego López |  Roberto |  Rubén |  Noguerol |  Piscu |  Capi |  Jonathan Aspas |  Roberto Lago |  Sito |  Álex Bergantiños |  Cabanas |  Borja |  Julio Álvarez |  Pablo Álvarez |  Trashorras |  Jonathan Vila |  Nano |  Losada |  Nacho Novo 
Seleccionadores: Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez

Supresión[editar | editar a fonte]

Partido Galiza-Kurdistán organizado pola asociación Siareir@s Galeg@s.

O partido contra a selección de Irán converteuse no último encontro oficial disputado pola Selección Galega, ao suspenderse a axuda por parte da Xunta de Galicia unha vez o Partido Popular gañou as eleccións de 2009 e colocou a José Ramón Lete como Director Xeral para o Deporte, quen rematou abruptamente coas experiencias da selección galega[74] e ao tempo co equipo ciclista Xacobeo Galicia.

Dende ese momento a asociación de afeccionados Siareir@s Galeg@s comezou a organizar encontros anuais entre unha selección galega mixta (formada por futbolistas pertencentes aos clubs da Segunda División B, da Terceira División e das ligas femininas) e outras seleccións do exterior, co obxecto de reivindicar a recuperación oficial da selección e a total liberdade para defender as cores de Galiza en competicións internacionais. Os partidos leváronse a cabo sen axuda federativa nin institucional, e segundo os organizadores, enfrontáronse a moitas trabas xa que os equipos de Primeira e Segunda División non cederon os seus xogadores e mesmo os árbitros tiveron moitos problemas para poder dirixir os encontros[75]. Organizaron cinco partidos entre 2009 e 2013, deixando de organizalo en 2014[76].

Ese mesmo ano, a Federación Galega de Fútbol, despois dunha conversa que mantiveron Fernando Vázquez e Johan Cruyff, tentou organizar dous encontros amigables fronte a Cataluña[1], pero finalmente non se chegaron a concretar[76]. En decembro de 2015, Siareir@s Galeg@s organizou un novo encontro reivindicativo[77].

Nesas mesmas datas, Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol, anunciou en declaracións á Televisión de Galicia que no ano 2016 sería disputado un encontro da selección galega oficial[78][79]. Previamente Lucas Pérez e Iago Aspas manifestaran publicamente o seu apoio á volta da seleccion galega e o seu desexo de formar parte dela[78][79].

Recuperación[editar | editar a fonte]

En abril de 2016, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, anunciou oficialmente a celebración dun encontro da selección galega absoluta fronte á selección de Venezuela o día 20 de maio no estadio de Riazor[80][81]. Foron designados seleccionadores Míchel Salgado e Fran[82].

Xogadores[editar | editar a fonte]

Última convocatoria feita pola Federación Galega de Fútbol[editar | editar a fonte]

Esta é a lista da convocatoria[83] que fixeron os seleccionadores en decembro de 2008 para a disputa do partido Galicia-Chile. Finalmente Chile incumpriu o contrato e o encontro de Galiza no 2008 foi contra a selección de Irán.

Nome Data de nacemento Club App (Gls) Debut
Porteiros
Diego López 3 de novembro de 1981 (34 anos) España Villarreal CF 3 (0) v Uruguai, 27 de decembro de 2005
Roberto 25 de xaneiro de 1979 (37 anos) España Granada CF
Defensas
Rubén 29 de xaneiro de 1982 (34 anos) Galicia Celta de Vigo v Uruguai, 27 de decembro de 2005
Noguerol 9 de xuño de 1976 (39 anos) Galicia Celta de Vigo
Piscu 25 de febreiro de 1987 (29 anos) Galicia Deportivo da Coruña
Capi 2 de abril de 1981 (35 anos) Galicia Ciudad de Santiago v Uruguai, 27 de decembro de 2005
Jonathan Aspas 28 de febreiro de 1982 (34 anos) Italia Piacenza
Roberto Lago 30 de agosto de 1985 (30 anos) Galicia Celta de Vigo
Sito Castro 21 de maio de 1980 (35 anos) España UD Salamanca
Centrocampistas
Álex Bergantiños 7 de xuño de 1985 (30 anos) España Xerez CD
Cabanas 17 de xaneiro de 1979 (37 anos) Suíza Grasshoppers v Uruguai, 27 de decembro de 2005
Borja 14 de xaneiro de 1981 (35 anos) España Real Valladolid v Uruguai, 27 de decembro de 2005
Julio Álvarez 1 de maio de 1981 (35 anos) España UD Almería v Uruguai, 27 de decembro de 2005
Pablo Álvarez 14 de maio de 1980 (35 anos) Galicia Deportivo da Coruña v Uruguai, 27 de decembro de 2005
Trashorras 28 de febreiro de 1981 (35 anos) Galicia Celta de Vigo
Jonathan Vila 6 de marzo de 1986 (30 anos) Galicia Celta de Vigo
Nano 20 de abril de 1982 (34 anos) Galicia Racing de Ferrol v Uruguai, 27 de decembro de 2005
Dianteiros
Losada 25 de outubro de 1976 (39 anos) Galicia CD Lugo v Uruguai, 27 de decembro de 2005
Nacho Novo 26 de marzo de 1979 (37 anos) España Sporting de Gijón 2 (2) v Uruguai, 27 de decembro de 2005

Partidos[editar | editar a fonte]

Data Lugar Equipo Local Equipo Visitante Resultado Goleadores
19-11-1922 Coia, Vigo Galicia Galicia Flag of Castile.svg Centro 4 - 1 Chiarroni Soccerball.svg Polo Soccerball.svg Pinilla Soccerball.svg Ramón González Soccerball.svg
07-01-1923 Coia, Vigo Galicia Galicia Pt-lsb1.png Lisboa 3 - 1 Polo Soccerball.svg Soccerball.svg Reigosa Soccerball.svg
14-01-1923 Reina Victoria, Sevilla Andalucía Andalucía Galicia Galicia 1 - 4 Ramón González Soccerball.svg Soccerball.svg Polo Soccerball.svg Chiarroni Soccerball.svg
21-01-1923 Coia, Vigo Galicia Galicia Naval Ensign of the United Kingdom.svg Escuadra británica 8 - 2 Pinilla Soccerball.svg Soccerball.svg Ramón González Soccerball.svg
28-01-1923 Bouzas, Vigo Galicia Galicia Bandera de Pontevedra.svg Pontevedra 4 - 1 Correa Soccerball.svg Soccerball.svg Ramón Polo Soccerball.svg Chiarroni Soccerball.svg
04-02-1923 Pasarón, Pontevedra Bandera de Pontevedra.svg Pontevedra Galicia Galicia 1 - 3 Pasarín Soccerball.svg Chiarroni Soccerball.svg Soccerball.svg
18-02-1923 Coia, Vigo Galicia Galicia       A Coruña-Ferrol 7 - 1
25-02-1923 Coia, Vigo Galicia Galicia Asturias Asturias 1 - 3 Polo Soccerball.svg
27-05-1923 Campo Grande, Lisboa[84] Pt-lsb1.png Lisboa Galicia Galicia 2 - 1 Pinilla Soccerball.svg
25-11-1923 Ciudad Lineal, Madrid Flag of Castile.svg Centro Galicia Galicia 1 - 0
28-07-1929 Riazor, A Coruña Galicia Galicia Flag of Castile.svg Centro 0 - 0
01-06-1930 Balaídos, Vigo Galicia Galicia 600px Bianco e Verde orizzontale con leone Dorato.png Sporting de Lisboa 4 - 2 Losada Soccerball.svg Soccerball.svg Soccerball.svg Polo Soccerball.svg
08-06-1930 Chamartín, Madrid Flag of Castile.svg Centro Galicia Galicia 1 - 4 Losada Soccerball.svg Soccerball.svg Fariña Soccerball.svg Hilario Soccerball.svg
25-12-2005 San Lázaro, Santiago Galicia Galicia Flag of Uruguay.svg Uruguai 3 - 2 Nano Soccerball.svg 9' Deus Soccerball.svg 48' Soccerball.svg 79'
28-12-2006 Riazor, A Coruña Galicia Galicia Ecuador Ecuador 1 - 1 Jonathan Pereira Soccerball.svg 68'
27-12-2007 Balaídos, Vigo Galicia Galicia Flag of Cameroon.svg Camerún 1 - 1 Julio Álvarez Soccerball.svg 70'
27-12-2008 Riazor, A Coruña Galicia Galicia Irán Irán 3 - 2 Nacho Novo Soccerball.svg 22' Soccerball.svg 58' Roberto Losada Soccerball.svg 65'

Palmarés[editar | editar a fonte]

Selección absoluta[editar | editar a fonte]

Selección de afeccionados[editar | editar a fonte]

Outras seleccións[editar | editar a fonte]

  • Campionato de España sub-18 (1): 1983[64]
  • Campionato de España sub-16 (1): 1990[86]
  • Campionato de España feminino (1): 1985[87]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pardo, Miguel (2 de xaneiro de 2014). "O camiño que trae de volta a selección". Consultado o 9 de agosto de 2014. 
  2. "La Asamblea de Vigo". La Correspondencia de España nº 23.350 (en castelán). 27 de xullo de 1922. p. 4. 
  3. "Importante acuerdo sobre los traspasos de jugadores" (PDF). El Mundo Deportivo nº 856 (en castelán). 24 de xullo de 1922. p. 1. 
  4. "Galicia vence a Centro por 4 a 1". Galicia: diario de Vigo nº 104 (en castelán). 22 de novembro de 1922. p. 3. 
  5. "Deportes. En Vigo". El Ideal Gallego nº 1.633 (en castelán). 21 de novembro de 1922. p. 2. 
  6. "Galicia vence al Centro por 4 a 1" (PDF). El Mundo Deportivo nº 878 (en castelán). 20 de novembro de 1922. p. 4. 
  7. "Un gran match internacional. Galicia vence a Lisboa por 3 a 1". Galicia: diario de Vigo nº 143 (en castelán). 9 de xaneiro de 1923. p. 3. 
  8. "Deportes. En Vigo. La selección gallega vence a la portuguesa". El Ideal Gallego nº 1.676 (en castelán). 9 de xaneiro de 1923. p. 1. 
  9. "Galicia vence a la selección de Portugal" (PDF). El Mundo Deportivo nº 888 (en castelán). 8 de xaneiro de 1923. p. 4. 
  10. "La selección de Galicia vence en Sevilla a la de Andalucía por 4 a 1". Galicia: diario de Vigo nº 149 (en castelán). 16 de xaneiro de 1923. p. 3. 
  11. "En Sevilla. Semifinal Galicia-Andalucía". Madrid-Sport nº 329 (en castelán). 18 de xaneiro de 1923. p. 7. 
  12. "Como obtuvo Galicia el triunfo sobre Andalucía" (PDF). Mundo Deportivo nº 890 (en castelán). 19 de xaneiro de 1923. p. 2. 
  13. "Ecos deportivos. Galicia 8-Selección inglesa 2". Galicia: diario de Vigo nº 156 (en castelán). 23 de xaneiro de 1923. p. 6. 
  14. "Deportes. En Vigo. La selección gallega vence a una selección de la escuadra inglesa". El Ideal Gallego nº 1.688 (en castelán). 23 de xaneiro de 1923. p. 1. 
  15. "Ecos Deportivos. Galicia 4-Selección Pontevedresa 1". Galicia: diario de Vigo nº 162 (en castelán). 30 de xaneiro de 1923. p. 6. 
  16. "De Sport. Selección gallega 4-Selección pontevedresa 1". Diario de Pontevedra nº 11.667 (en castelán). 29 de xaneiro de 1923. p. 2. 
  17. "En Pasarón. Selección gallega 3, selección pontevedresa 1". Diario de Pontevedra nº 11.673 (en castelán). 5 de febreiro de 1923. p. 2. 
  18. "Deportes. En Pontevedra". El Ideal Gallego nº 1.700 (en castelán). 6 de febreiro de 1923. p. 2. 
  19. "Ecos deportivos. Selección gallega 3-Pontevedresa 1". Galicia: diario de Vigo nº 168 (en castelán). 6 de febreiro de 1923. p. 6. 
  20. "Ecos deportivos. Campeonato de regiones". Galicia: diario de Vigo nº 180 (en castelán). 20 de febreiro de 1923. p. 6. 
  21. "De Sport. Ayer en Vigo". Diario de Pontevedra nº 11.684 (en castelán). 19 de febreiro de 1923. p. 2. 
  22. "La final del campeonato interregional de futbol. Asturias venció a Galicia por 3 a 1". Galicia: diario de Vigo nº 186 (en castelán). 27 de febreiro de 1923. p. 3. 
  23. "El campeonato de España. La selección gallega es derrotada por la selección asturiana, por 3 goals a 1". El Orzán nº 1.508 (en castelán). 27 de febreiro de 1923. p. 1. 
  24. "Asturias vence a Galicia por 3 a 1" (PDF). Mundo Deportivo nº 903 (en castelán). 26 de febreiro de 1923. p. 1. 
  25. 25,0 25,1 "Los asturianos ganan la final de regiones". Diario de Pontevedra nº 11.690 (en castelán). 26 de febreiro de 1923. p. 2. 
  26. 26,0 26,1 "De Sport. La final de selecciones". La Integridad nº 9.859 (en castelán). 26 de febreiro de 1923. p. 2. 
  27. "La derrota del equipo "gallego" que no es gallego...". Madrid-Sport nº 335 (en castelán). 1 de marzo de 1923. p. 3. 
  28. "De Sport. Fatalidad, imprevisión y absolutismo". Progreso: diario independiente nº 3.081 (en castelán). 1 de marzo de 1923. p. 2. 
  29. "Ecos deportivos. ¿Ha llegado la hora?". Galicia: diario de Vigo nº 153 (en castelán). 19 de xaneiro de 1923. p. 6. 
  30. "Ecos deportivos. Fusión Vigo-Fortuna". Galicia: diario de Vigo nº 166 (en castelán). 3 de febreiro de 1923. p. 6. 
  31. "Ecos deportivos. Un gran match internacional. Lisboa 2, - Galicia 1". Galicia: diario de Vigo nº 262 (en castelán). 29 de maio de 1923. p. 6. 
  32. "De Sport. La selección gallega en Lisboa". La Integridad nº 9.933 (en castelán). 28 de maio de 1923. p. 2. 
  33. "De Sport. Campeonato interregional. Galicia pierde por 1 a 0". Diario de Pontevedra nº 11.685 (en castelán). 26 de novembro de 1923. p. 2. 
  34. "Deportes". El Ideal Gallego nº 1.933 (en castelán). 30 de novembro de 1923. p. 3. 
  35. "Ecos deportivos. Campeonato interregional. Centro vence a Galicia por uno a cero". Galicia: diario de Vigo nº 412 (en castelán). 27 de novembro de 1923. p. 6. 
  36. "Supresión del Campeonato Interregional". Madrid-Sport nº 406 (en castelán). 10 de xullo de 1924. p. 3. 
  37. "Las selecciones del Centro y de Galicia empatan a cero" (en castelán). 30 de xullo de 1929. p. 2. 
  38. "Una selección del Centro empató con la gallega a cero goals en match benéfico" (PDF). Mundo Deportivo nº 2.201 (en castelán). 29 de xullo de 1929. p. 4. 
  39. "Preparándose para el match benéfico Centro-Galicia. El back olímpico Pasarín ante el sensacional encuentro". El Pueblo Gallego nº 1917 (en castelán). 23 de maio de 1930. p. 2. 
  40. 40,0 40,1 "Madrid abre su corazón sobre el infortunio de Bouzas". Vida Gallega nº 451 (en castelán). 10 de xuño de 1930. p. 13. 
  41. "Un temporal deja 42 marineros muertos en el naufragio de cuatro barcos de Bouzas". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de febreiro de 2010. 
  42. "La Copa Vigo en juego". El Pueblo Gallego nº 1.901 (en castelán). 4 de maio de 1930. p. 3. 
  43. "Deportes. La selección Galicia vence a la Centro por 4-1". El Orzán nº 3.633 (en castelán). 10 de xuño de 1930. p. 2. 
  44. "El partido benéfico de Madrid. Galicia bate magníficamente a Centro por cuatro tantos a uno". La Correspondencia de Valencia nº 21.209 (en castelán). 9 de xuño de 1930. p. 3. 
  45. "El fútbol interregional. Galicia-Centro". Diario de Alicante nº 5.875 (en castelán). 9 de xuño de 1930. p. 3. 
  46. "La selección gallega bate al Sporting lisboeta por 4 a 2". El Pueblo Gallego nº 1.926 (en castelán). 3 de xuño de 1930. p. 3. 
  47. "Deportes. La selección Celta-Racing empata con el Deportivo". El Orzán nº 3.447 (en castelán). 13 de agosto de 1929. p. 2. 
  48. "El Homenaje a Luis Otero". Correo de Galicia nº 1.233 (en castelán). 8 de setembro de 1929. p. 5. 
  49. "El combinado gallego batió por 5-4 al campeón de España". El Pueblo Gallego nº 2.007 (en castelán). 9 de setembro de 1930. p. 3. 
  50. "De Sport. Los Campeones nacionales pierden por 5-4". Progreso: diario independiente nº 10.979 (en castelán). 9 de setembro de 1930. p. 3. 
  51. "La representación gallega para la Olimpiada Popular. Actuará el domingo en un festival en Balaídos". El Pueblo Gallego nº 4.029 (en castelán). 10 de xullo de 1936. p. 2. 
  52. "El domingo en Balaídos. Tuvo lugar la presentación de los seleccionados para la Olimpiada Popular". El Pueblo Gallego nº 4.032 (en castelán). 14 de xullo de 1936. p. 2. 
  53. Afonso Eiré (1998). O futbol na sociedade galega. A Nosa Terra. ISBN 84-89976-51-1. 
  54. "El Porto F.C. actuará mañana frente a la selección gallega". El Pueblo Gallego nº 4.884 (en castelán). 17 de maio de 1939. p. 6. 
  55. "A las cinco comenzará el Porto-Selección gallega". El Pueblo Gallego nº 4.885 (en castelán). 18 de maio de 1939. p. 8. 
  56. "El once portugués no tuvo enemigo en el mediocre combinado Vigo-Coruña". El Pueblo Gallego nº 4.886 (en castelán). 19 de maio de 1939. p. 6. 
  57. "Que cada cual cargue con lo que le corresponda". El Pueblo Gallego nº 4.888 (en castelán). 21 de maio de 1939. p. 8. 
  58. "Deportes. Acotaciones". El Pueblo Gallego nº 4.926 (en castelán). 5 de xullo de 1939. p. 6. 
  59. "Deportes. Acotaciones". El Pueblo Gallego nº 4.927 (en castelán). 6 de xullo de 1939. p. 8. 
  60. "Empatan a tres Deportivo y Selección Gallega". El Pueblo Gallego nº 6.045 (en castelán). 5 de xaneiro de 1943. p. 4. 
  61. "Homenaje a Paco González. Selección gallega, 3; Deportivo, 3". La Región nº 8.859 (en castelán). 5 de xaneiro de 1943. p. 3. 
  62. "En el homenaje a Paco González. Empatan a tres tantos el Deportivo y la selección gallega". Hoja de los lunes nº 394 (en castelán). 4 de xaneiro de 1943. p. 3. 
  63. "La selección gallega perdió el partido final contra Valencia (1-4)". El Pueblo Gallego nº 14.851 (en castelán). 8 de maio de 1966. p. 14. 
  64. 64,0 64,1 "Riazor, testigo del título en 1983". DEPOR Sport nº 1.178 (en castelán). 25 de abril de 2008. p. 25. 
  65. "Haberá selección galega de fútbol para o Nadal". Vieiros. 26 de agosto de 2005. 
  66. "La selección gallega debuta en diciembre en Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 2005. 
  67. "Galicia-Uruguay. Histórico triunfo ante un bicampeón mundial" (PDF). Mundo Atlético nº 26.807 (en castelán). 30 de decembro de 2005. p. 13. 
  68. "A gran festa do fútbol rematou en empate: Galiza 1 - 1 Ecuador", artigo en Vieiros, 29 de decembro de 2006.
  69. "Galicia empata con Ecuador en Riazor". El Mundo (en castelán). 28 de decembro de 2006. 
  70. El partido que enfrentó a la selección de Galicia y Camerún se salda con empate
  71. "Un pobo contra os elementos", artigo n' A Nosa Terra, 29 de decembro de 2007.
  72. "A festa do fútbol nacional remata con vitoria de Galiza fronte a Irán (3-2)", artigo en GZnación 28 de decembro de 2008.
  73. "Goles de Nacho Novo e Losada manteñen á selección galega invicta", artigo en Galiciaé, 28 de decembro de 2008.
  74. "La Xunta y la federación descartan el partido de la selección gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 2009. 
  75. Pardo, Miguel (28 de decembro de 2012). ""Hai futbolistas do Deportivo e do Celta que queren vir á selección galega, pero non lles deixan"". 
  76. 76,0 76,1 Pardo, Miguel (10 de decembro de 2014). "Nin amigable da selección galega nin partido pola oficialidade". 
  77. "Galiza vence o Senegal (1-0) no partido que reivindicou a volta da selección oficial". Sermos Galiza. 26 de decembro de 2015. 
  78. 78,0 78,1 En 2016 volverá a selección galega de fútbol (Televisión de Galicia). 23 de decembro de 2015. 
  79. 79,0 79,1 Portugal podería ser o rival de Galicia (Televisión de Galicia). 23 de decembro de 2015. 
  80. Federación Galega de Fútbol (9 de abril de 2016). "A Selección Galega Absoluta regresa cun partidazo contra a "Vinotinto"". 
  81. Federación Galega de Fútbol (14 de abril de 2016). "Rafael Louzán presentou hoxe oficialmente o partido internacional". 
  82. Federación Galega de Fútbol (15 de abril de 2016). "Os mellores futbolistas galegos das últimas décadas asumen o mando da Selección". 
  83. "Xa se coñecen as convocatorias das seleccións irmandiñas", artigo en Vieiros, 16 de decembro de 2008.
  84. "Vida Sportiva. A chegada dos jogadores da Galiza". A Capital: diário republicano da noite nº 4.388 (en portugués). 26 de maio de 1923. p. 3. 
  85. "Éxtasis histórico como campeona de España". DEPOR Sport nº 1.881 (en castelán). 5 de abril de 2010. p. 18. 
  86. "Selecciones territoriales" (PDF). Mundo Deportivo nº 21.139 (en castelán). 9 de maio de 1990. p. 28. 
  87. "La copa voló a Galicia" (PDF). Mundo Deportivo nº 19.361 (en castelán). 10 de xuño de 1985. p. 20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]