Instituto de Estudos Miñoráns
Aparencia
| Instituto de Estudos Miñoráns | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O Instituto de Estudos Miñoráns, tamén coñecido polas siglas IEM, é unha asociación da bisbarra do Val Miñor creada o 27 de outubro de 1999[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O instituto ten como principais obxectivos a divulgación da cultura galega e, en xeral, todo o referente ao patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico etc., dos tres concellos do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Así mesmo promove a realización de estudos de todo tipo sobre os ámbitos sinalados e fomenta a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico e cultural actual.
Desde 2008 organiza, xunto á entidade local de Morgadáns, os Premios de poesía Victoriano Taibo[2] .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IEM. "Documento fundacional". www.iem.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2018. Consultado o 2018-10-31.
- ↑ "Morgadáns convoca el concurso de poesía «Victoriano Taibo» con un premio de 3.000 euros". La Voz de Galicia. 30 de maio de 2008. Consultado o 30 de outubro de 2018.(en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Instituto de Estudos Miñoráns |