O espírito de Broustenac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O espírito de Broustenac
Autor/aAlfonso Álvarez Cáccamo
CubertaVilar Cardona
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Xénero(s)novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1996
Formatoedición rústica cosida a fío
Páxinas162
ISBNISBN 978-84-8302-055-6
editar datos en Wikidata ]

O espírito de Broustenac é un libro escrito por Alfonso Álvarez Cáccamo, publicado por Edicións Xerais en 1996, ano no que gañou o Premio Manuel García Barros de narrativa. Foi traducida ao castelán por Pablo de los Ríos Vázquez, sendo publicada en 1997 por Olalla Ediciones co título de El espíritu de Broustenac.[1]

Trama[editar | editar a fonte]

A acción comeza o serán do 1 de xullo de 1835 nunha praia a carón do mosteiro de Oia. Unha muller pobre dá a luz, coa axuda dun can, a unha criatura dun tamaño descomunal. Abandónao á súa sorte, e a criatura chega ao mosteiro, onde é acollido polos dez frades da orde do Císter. Acólleno e póñenlle o nome de Broustenac, elixindo cada un unha letra, e ordenándoas segundo a idade dos frades.

O trazo físico máis característico do rapaz é que ten unha crista, e outras das súas características son que se alimenta de algas, e non ouriña nin defeca. Malia ter un só día de idade, sabe falar e tocar o órgano. Axiña descobren nel unha intelixencia supina e un membro viril desproporcionado, polo que xorden debates acerca de se é un santo ou se é o demo.

No contexto da desamortización, o prior ten medo polas novas procedentes de Madrid, pero Broustenac axuda aos frades a cumprir as esixencias para manter aberto o mosteiro, e acaba por ser benquerido por toda a comunidade.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está escrita desde a perspectiva do narrador omnisciente, describindo non só a situación, senón tamén os pensamentos e sentimentos dos personaxes. Inclúe diálogos en estilo directo.

Notas