Área metropolitana de Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barrios da cidade de Valencia.

A Área Metropolitana de Valencia atópase na costa central do País Valenciano, no contorno da súa cidade principal, Valencia.[1] Trátase da primeira aglomeración en número de habitantes da comunidade. Como en todo cálculo de áreas metropolitanas, os datos varían segundo as fontes.

Poboación[editar | editar a fonte]

Os datos de poboación desta área metropolitana varían dependendo das diferentes fontes consultadas. As cinco fontes consultas no caso de Valencia son o Proxecto ESPON (European Spatial Planning Observation Network), concretamente o seu "Estudio sobre as funcións urbanas", os datos da Eurostat Arban Audit (Auditoría Urbana), das Nacións Unidas, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) correspondente a "rexións metropolitanas", do sitio web citypopulation.de, correspondendo a aglomeracións urbanas e do Instituto Nacional de Estadística.

Foto aérea de Valencia e da súa área metropolitana
Fonte Poboación
ESPON[2] 1.398.000[3]
Urban Audit[4] 1.564.145
ONU[5] 808.000
OCDE[6] 2.300.000
Citypopulation.de[7] 1.630.000
INE[8] 1.738.690

Área metropolitana[editar | editar a fonte]

Definicións[editar | editar a fonte]

Skyline nocturno do segundo distrito comercial da cidade.
Vista do distrito de Quatre Carreres dende o Micalet.
En vermello área da primeira coroa.

Segundo o proxecto AUDES5, a área metropolitana de Valencia, cunha poboación de 1.553.644 habitantes e unha superficie de 866,4 km²,[9] formaría unha conurbación con outras áreas urbanas próximas, dando un total de 1.671.189 habitantes e 1.162,4 km².[10]

Segundo a Entitat de Transport Metropolità de València (Entidade de Transporte Metropolitano de Valencia) a área metropolitana de Valencia está constituída por 59 concellos que se corresponden con tódolos da comarca da Horta de València, gran parte dos de Camp de Túria, tres da Ribera Alta, dous da Ribera Baixa e un do Camp de Morvedre, ocupando unha superficie de 1.465'7 km², cunha poboación de 1.738.690 habitantes (INE 2007), contando por tanto cunha densidade de poboación de 1.181 hab./km².

Coroas da área metropolitana[editar | editar a fonte]

A Entitat Pública de Transport Metropolità de València distingue tres coroas,[11] en cada cal as tarifas son distintas.

  • O centro urbano de Valencia (zona A): ademais da cidade (excluíndo as súas diversas pedanías), tamén se inclúe o municipio de Mislata e unha parte dos termos de Alboraia e Xirivella totalmente conurbados con ela. Atópase limitada pola nova canle do río Turia ao sur e ao oeste, polo mar Mediterráneo ao leste e pola Rolda Norte ao norte. Nela obsérvase unha clara especialización económica no sector servizos. A densidade de poboación é moi elevada, superando os 20.000 hab./km².
  • A primeira coroa metropolitana (zona B): atópase limitada pola autovía A-7 e comprende a maior parte de municipios da Horta. Nesta zona obsérvase unha maior concentración industrial. O sector primario, moi importante tradicionalmente (en especial a agricultura), perdeu presenza económica debido ao cambio de uso do chan, que se urbanizou na súa gran maioría. A densidade aquí é menor, ao redor de 1.100 hab./km². A diferenza da áreas metropolitana de Barcelona, non existe ningún municipio dun tamaño excesivamente grande, sendo o máis poboado Torrent, con 72.660 hab. Iso é debido en parte ao escaso termo municipal da maioría de localidades. Con todo, si que existen diversas conurbacións que en conxunto contan cunha gran cantidade de poboación, como poden ser Benimàmet-Burjassot-Godella-Rocafort, Alaquàs-Aldaia, Manises-Quart de Poblet, Alfafar-Benetússer-Llocnou de la Corona-Sedaví ou Paiporta-Picanya. Debido ao crecemento urbano e a mellora das infraestruturas (en concreto da construción da Rolda Norte e os proxectos de enterramento das liñas 1 e 3 de MetroValencia), vaise a provocar en pouco tempo a conurbación de varias destas localidades coa cidade de Valencia. En concreto Alboraia, Tavernes Blanques e o conxunto Benimàmet-Burjassot-Godella-Rocafort.
  • A segunda coroa metropolitana (zona C): aquí inclúense as poboacións da Horta exteriores á A-7 xunto coas do resto de comarcas. Esta zona incorporouse recentemente á área metropolitana debido á mellora das comunicacións e ao incremento do prezo da vivenda en zonas máis próximas á capital. O crecemento baseouse sobre todo na construción de urbanizacións, polo que a densidade de poboación é menor que na primeira coroa. Esta é a zona máis difusa da área metropolitana, debido á dificultade de atopar o seu límite, polo que segundo os estudos que se consulten incorpóranse diferentes localidades.
Área metropolitana de Valencia
Zona
Extensión
Poboación
(INE 2007)
Densidade
Núcleo urbano de Valencia 56,32 km² 805.989 hab. 14.312 hab./km²
Primera coroa metropolitana 480,77 km² 677.578 hab. 1.409 hab./km²
Segunda coroa metropolitana 867,93 km² 255.123 hab. 294 hab./km²
Total 1.405,02 1.738.690 1.237 hab./km²

Municipios da área metropolitana[editar | editar a fonte]

Núcleo urbano[editar | editar a fonte]

Escudo
Cidade
Comarca
Extensión
Poboación (2007)
Densidade
Mislata Horta Oest 2,06 km² 43.336 hab. 21.076 hab./km²
Valencia Valencia 54,26 km²[12] 762.653 hab.[12] 14.057 hab./km²
Total 56,32 km² 805.989 hab. 14.312 hab./km²

Primeira coroa[editar | editar a fonte]

Escudo
Cidade
Comarca
Extensión
Poboación
(2007)
Densidade
Alaquàs Horta Oest 3,90 km² 30.177 hab. 7.734 hab./km²
Albalat dels Sorells Horta Nord 4,62 km² 3.708 hab. 802 hab./km²
Albal Horta Sud 7,37 km² 14.840 hab. 2.013 hab./km²
Alboraia Horta Nord 8,34 km² 21.582 hab. 2.588 hab./km²
Albuixec Horta Nord 4,42 km² 3.646 hab. 825 hab./km²
Alcàsser Horta Sud 9,01 km² 8.716 hab. 968 hab./km²
Aldaia Horta Oest 16,05 km² 28.138 hab. 1.753 hab./km²
Alfafar Horta Sud 10,10 km² 20.321 hab. 2.012 hab./km²
Alfara del Patriarca Horta Nord 1,98 km² 2.858 hab. 1.443 hab./km²
Almàssera Horta Nord 2,74 km² 6.928 hab. 2.529 hab./km²
Benetússer Horta Sud 0,78 km² 14.283 hab. 18.373 hab./km²
Beniparrell Horta Sud 3,68 km² 1.896 hab. 516 hab./km²
Bonrepòs i Mirambell Horta Nord 1,05 km² 3.047 hab. 2.889 hab./km²
Burjassot Horta Nord 3,44 km² 37.402 hab. 10.860 hab./km²
Catarroja Horta Sud 13,04 km² 25.650 hab. 1.967 hab./km²
Emperador Horta Nord 0,03 km² 467 hab. 18.112 hab./km²
Foios Horta Nord 6,48 km² 6.358 hab. 981 hab./km²
Godella Horta Nord 8,40 km² 12.993 hab. 1.546 hab./km²
Llocnou de la Corona Horta Sud 0,04 km² 120 hab. 2.866 hab./km²
Manises Horta Oest 19,65 km² 29.778 hab. 1.515 hab./km²
Massalfassar Horta Nord 2,53 km² 1.880 hab. 742 hab./km²
Massamagrell Horta Nord 6,16 km² 14.568 hab. 2.364 hab./km²
Massanassa Horta Sud 5,59 km² 8.325 hab. 1.489 hab./km²
Meliana Horta Nord 4,73 km² 9.827 hab. 2.076 hab./km²
Montcada Horta Nord 15,83 km² 21.109 hab. 1.334 hab./km²
Museros Horta Nord 12,45 km² 4.834 hab. 388 hab./km²
Paiporta Horta Sud 3,93 km² 22.374 hab. 5.694 hab./km²
Paterna Horta Oest 35,85 km² 59.043 hab. 1.647 hab./km²
Pedanies de València València 83,21 km² 35.001 hab. 421 hab./km²
Picanya Horta Sud 7,12 km² 10.543 hab. 1.481 hab./km²
la Pobla de Farnals Horta Nord 3,61 km² 6.752 hab. 1.868 hab./km²
el Puig Horta Nord 26,83 km² 8.197 hab. 306 hab./km²
Puçol Horta Nord 18,06 km² 17.947 hab. 994 hab./km²
Quart de Poblet Horta Oest 19,64 km² 25.340 hab. 1.291 hab./km²
Rafelbunyol Horta Nord 4,20 km² 7.103 hab. 1.692 hab./km²
Rocafort Horta Nord 2,34 km² 6.259 hab. 2.674 hab./km²
Sedaví Horta Sud 1,83 km² 9.575 hab. 5.225 hab./km²
Silla Horta Sud 25,03 km² 18.597 hab. 743 hab./km²
Tavernes Blanques Horta Nord 0,74 km² 9.270 hab. 12.590 hab./km²
Torrent Horta Oest 69,32 km² 75.131 hab. 1.084 hab./km²
Vinalesa Horta Nord 1,53 km² 2.783 hab. 1.821 hab./km²
Xirivella Horta Oest 5,15 km² 30.212 hab. 5.862 hab./km²
Total 480,77 km² 677.578 hab. 1.409 hab./km²

Segunda coroa[editar | editar a fonte]

Escudo
Cidade
Comarca
Extensión
Poboación
(2007)
Densidade
Alginet Ribera Alta 24,07 km² 12.605 hab. 524 hab./km²
Almussafes Ribera Baixa 10,77 km² 7.967 hab. 740 hab./km²
Benaguasil Camp de Túria 25,40 km² 10.374 hab. 408 hab./km²
Benifaió Ribera Alta 20,15 km² 12.204 hab. 606 hab./km²
Benissanó Camp de Túria 2,28 km² 2.064 hab. 903 hab./km²
Bétera Camp de Túria 75,10 km² 19.491 hab. 260 hab./km²
Carlet Ribera Alta 45,62 km² 15.189 hab. 333 hab./km²
L'Eliana Camp de Túria 8,77 km² 16.349 hab. 1.864 hab./km²
Llíria Camp de Túria 227,98 km² 21.638 hab. 95 hab./km²
Picassent Horta Sud 85,79 km² 18.556 hab. 216 hab./km²
la Pobla de Vallbona Camp de Túria 33,10 km² 18.790 hab. 568 hab./km²
Riba-roja de Túria Camp de Túria 57,49 km² 19.083 hab. 332 hab./km²
Sant Antoni de Benaixeve Camp de Túria 8,74 km² 4.985 hab. 570 hab./km²
Sagunt Camp de Morvedre 132,36 km² 63.359 hab. 479 hab./km²
Sollana Ribera Baixa 39,23 km² 4.708 hab. 120 hab./km²
Vilamarxant Camp de Túria 71,08 km² 7.761 hab. 109 hab./km²
Total 867,93 km² 255.123 hab. 294 hab./km²

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rexistro de Áreas metropolitanas do Ministerio de Administraciones Públicas". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2006. Consultado o 10 de xuño de 2009. 
  2. European Spatial Planning Observation Network, Study on Urban Functions (Project 1.4.3) Arquivado 28 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Final Report, Chapter 3, (ESPON, 2007)
  3. A poboación total é de 1.499.000 se a área metropolitana de Sagunt é incluída.
  4. Eurostat, Urban Audit database Arquivado 06 de abril de 2011 en Wayback Machine., accessed on 2009-03-12. Data for 2004.
  5. Nacións Unidas Department of Economic and Social Affairs, World Urbanization Prospects (2007 revision) Arquivado 13 de agosto de 2011 en Wayback Machine., (United Nations, 2008), Table A.12. Data for 2007.
  6. Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, Competitive Cities in the Global Economy, OECD Territorial Reviews, (OECD Publishing, 2006), Table 1.1
  7. Thomas Brinkoff, Principal Agglomerations of the World, accessed on 2009-03-12. Data for 2009-01-01.
  8. Datos de 2008
  9. Datos de áreas urbanas en 2006 Arquivado 22 de agosto de 2011 en Wayback Machine. segundo o proxecto AUDES5 Arquivado 04 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
  10. Conurbaciones en 2006 Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine. según el proyecto AUDES5 Arquivado 04 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
  11. "Fases de Integración Área Metropolitana". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2007. Consultado o 08 de xuño de 2009.  Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
  12. 12,0 12,1 Excluíndo pedanías