Sacha Baron Cohen
Sacha Noam Baron Cohen, nado o 13 de outubro de 1971 en Londres, é un humorista e actor inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia xudía, Sacha é o cativo dos tres fillos de Gerald Baron Cohen e Daniella Weiser; o pai, galés, é descendente de xudeus lituanos, e a nai é de Israel. Estudou historia na Universidade de Cambridge, a súa tese versou sobre a participación dos xudeus no Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos.
Sacha é un coñecido cómicos británico que interpreta personaxes ficticios, no programa de televisión Da Ali G Show, que efectúan falsas entrevistas a personalidades que cren que a entrevista é real. Os seus personaxes cómicos, satíricos e populares son Ali G (unha parodia dun branco de clase media que actúa como un negro dos arrabaldes), Borat (un reporteiro antisemita de Kazakhstán) e Brüno (un reporteiro homosexual austríaco de moda). Gañou un Globo de Ouro ó mellor actor pola súa actuación en Borat: Cultural Learnings of America for Make Benefit Glorious Nation of Kazakhstan, película co que se fixo coñecido internacionalmente.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1995 | Jack and Jeremy's Police 4 | Vítima de execución | |
| Pump TV | Presentador | ||
| 1996 | Punch | Personaxe sen nome | Curtamentraxe |
| 1998 | Live from the Lighthouse | Ali G | |
| 1998–1999 | The 11 O'Clock Show | Guionista | |
| 2000 | The Jolly Boys' Last Stand | Vinnie | |
| Da Ali G Show | Ali G / Borat Sagdiyev / Brüno | 6 episodios Guionista | |
| 2002 | Ali G Indahouse | Ali G/Borat Sagdiyev | Guionista e produtor executivo |
| 2003 | Spyz | James Bond (Ali G) | Curtametraxe Guionista e produtor executivo |
| 2003–2004 | Da Ali G Show | Ali G / Borat Sagdiyev / Brüno | 12 episodios Guionista e produtor executivo |
| 2005 | Curb Your Enthusiasm | Guía de Larry | Tempada 5, Episodio 10: "The End" |
| Madagascar | Rei Julien XIII | Voz | |
| 2006 | Talladega Nights: The Ballad of Ricky Bobby | Jean Girard | |
| Night of Too Many Stars: An Overbooked Event for Autism Education | Borat Sagdiyev | ||
| Borat | Guionista e produtor | ||
| 2007 | Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street | Adolfo Pirelli | |
| 2008 | Madagascar: Escape 2 Africa | Rei Julien XIII | Voz |
| 2009 | Brüno | Brüno | Guionista e produtor |
| 2010 | The Simpsons | Jakob | Tempada 21, Episodio 16: "The Greatest Story Ever D'ohed" Voz |
| 2011 | Hugo | Inspector Gustav | |
| 2012 | The Dictator | Almirante Xeneral Shabazz Aladeen | Guionista e produtor |
| Madagascar 3: Europe's Most Wanted | Rei Julien XIII | Voz | |
| Les Misérables | Thénardier | ||
| 2014 | Mercury | Freddie Mercury |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sacha Baron Cohen |