Daniel Kaluuya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDaniel Kaluuya

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1989 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaWest London (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Aloysius' College (en) Traducir (valor descoñecido–)
The Camden School for Girls (en) Traducir
Anna Scher Theatre (en) Traducir
St Aloysius RC College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoProdución de cinema Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhumorista , actor de televisión , actor , presentador de televisión , actor de cinema , actor de teatro , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2257207 Allocine: 208088 Rottentomatoes: celebrity/daniel_kaluuya Allmovie: p598195
Musicbrainz: 6959ebc6-75a3-48d4-b903-61edad15a750 Editar o valor em Wikidata

Daniel Kaluuya, nado en Londres o 24 de febreiro de 1989,[1] é un actor inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kaluuya naceu en Londres de pais de Uganda. A súa nai,[2][3] criouno nunha vivenda municipal de Camden Town, xunto cunha irmá máis vella. O seu pai vivía en Uganda e non tiveron contacto con el ata que cumpriu quince anos.[4] Kaluuya asistiu á Torriano Primary School[5] e ao St Aloysius College, Londres.[3]

Escribiu a súa primeira obra de teatro aos nove anos e posteriormente comezou a súa carreira na adolescencia no teatro improvisado.[6] Posteriormente interpretou a Posh Kenneth nas dúás primeira temporadas da serie Skins, da que tamén coescribiu algúns episodios.[7] Kaluuya foi especialmente eloxiado pola súa actuación en Sucker Punch no Royal Court Theatre de Londres e gañou o Evening Standard Award e o Critics' Circle Theatre Award ao mellor debutante.[8] En 2018, recibiu tamén o BAFTA Rising Star Award.

A finais da década de 2000 e principios da de 2010, destacou polas súas interpretacións de Michael "Tealeaf" Fry na serie de comedia negra da BBC Psychoville, de Michael "Mac" Armstrong na serie de terror de BBC Three The Fades e de Bingham "Bing" Madsen no episodio de Black Mirror "Fifteen Million Merits".[9] Apareceu como o axente Colin Tucker no filme de espías cómico Johnny English Reborn (2011) e como Black Death in no filme de superheroes Kick-Ass 2 (2013). En 2015, tivo un papel secundario no suspense de Denis Villeneuve Sicario.

En 2017, Kaluuya realizou o seu papel revelación ao protagonizar o filme de terror de Jordan Peele Déixame saír, que lle valeu unha candidatura ao Óscar ao mellor actor.[10] A este seguírono o filme de superheroes de Ryan Coogler Black Panther (2018), Widows (2018), de Steve McQueen, e Queen e Slim (2019), de Melina Matsoukas. Pola súa interpretación do líder do Panteras Negras Fred Hampton en Judas and the Black Messiah (2021), gañou o Óscar, o Globo de Ouro, o Critics' Choice Movie Award, o Screen Actors Guild Award e o BAFTA ao mellor actor secundario.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
2006 Shoot the Messenger Reece
2008 Cass Young Cass Pennant
2010 Chatroom Mo
2011 Johnny English Reborn Agent Colin Tucker
2013 Welcome to the Punch Juka Ogadowa
Kick-Ass 2 Black Death
2015 Sicario Reggie Wayne
2017 Déixame saír Chris Washington
2018 Black Panther W'Kabi
Widows Jatemme Manning
2019 Queen e Slim Slim
2020 A Christmas Carol Ghost of Christmas Present (voz)
2021 Judas and the Black Messiah Fred Hampton

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Today in History, February 24: The calendar gets a massive makeover". The Tennessean. 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  2. Collin, Robbie (13 de febreiro de 2018). "Black Panther star Daniel Kaluuya: 'Nobody says a word when a white actor goes to LA'". The Daily Telegraph. Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Daniel Kaluuya's Journey from the Streets of London to Hollywood". Vice (en inglés). 24 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  4. Sulcas, Roslyn (2018). "Daniel Kaluuya Isn't Waiting for Your Approval". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 
  5. "Decolonising Our Education System: The Primary School Reforming Its Curriculum". Wolf Reporter. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  6. Getz, Dana. "Who Is Daniel Kaluuya? The 'Get Out' Star Is Multi-Talented". Bustle (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  7. "Teen writers show their 'Skins'". The Independent (en inglés). 11 de febreiro de 2008. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  8. "The London Film Critics' Circle Hands Out Nominations To Regina King, Cynthia Erivo And Daniel Kaluuya". shadowandact.com (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2020. 
  9. Adewunmi, Bim (1 de abril de 2017). "Why I love… actor Daniel Kaluuya". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  10. News, A. B. C. "Oscar nominee Daniel Kaluuya on 'Get Out': 'I was like, are you allowed to make films like this?'". ABC News (en inglés). Consultado o 2021-03-10.