Nick Jonas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nick Jonas
Nick Jonas - 2012 Drama League Benefit Gala-2.jpg
Nome completo Nicholas Jerry Jonas
Nacemento 16 de setembro de 1992 (25 anos)
Orixe Flag of the United States.svg Dallas, Texas
Ocupación(s) Cantor, actor, modelo
Xénero Pop
Instrumento(s) Voz, guitarra, piano, batería, banjo
Selo(s) discográfico(s) Columbia, Hollywood, Island
Relacionado con Jonas Brothers, Demi Lovato, Miley Cyrus, Nick Jonas & The Administration
Tempo en activo 2000 - actualidade
Na rede
http://www.nickjonas.com
Twitter
Facebook

Nicholas Jerry Jonas, máis coñecido como Nick Jonas, é un cantor, actor, compositor e modelo estadounidense. É coñecido por ser un dos integrantes da banda xuvenil Jonas Brothers formada por el e os seus irmáns Kevin Jonas e Joe Jonas. A súa carreira como actor comeza en 2008 no filme canadense Camp Rock. Despois do éxito en pantalla do filme, os Jonas Brothers conseguen unha gran fama internacional seguido da súa propia serie de televisión en Disney Channel Jonas L.A. e a segunda parte do filme Camp Rock 2: The Final Jam en 2010.

Carreira[editar | editar a fonte]

Nick nun concerto dos Jonas Brothers, en 2009.

Antes de formar a banda Jonas Brothers cos seus irmáns, el foi para Broadway con tan só 6 anos de idade, participou en algunhas pezas como "A Bela e a Besta" e "Un conto de Nadal", e gravou un álbum en solitario, Nicholas Jonas. Neste, fixo a voz principal xunto ao seu irmán Joe Jonas e toca a guitarra, piano e teclado nalgunhas pezas. Tamén tocou a batería para as pezas "Australia" e "Video Girl", alén de tamén compor as músicas con seus irmáns. Algunhas pezas da banda Jonas Brothers as compuso el soiño, como "S.O.S." do album Jonas Brothers, "A Little Bit Longer" e "Got Me Going Crazy" do álbum A Little Bit Longer e "World War III" e "Black Keys" do álbum Lines, Vines and Trying Times.

En febreiro de 2010, Nick lanzou un novo álbum cunha banda propia, Nick Jonas & the Administration, chamado Who I Am

En 2010, Nick participou na peza teatral "Os Miserábeis", que comemoraba seu 25º aniversario. Nick interpretou a Marius, un dos personaxes principais da peza. Nick foi eloxiado pola crítica, que dicían que aínda non está a altura dos cantores de pezas musicais, mais que o fixo moi ben.

En 2013, Nick xunto aos seus irmáns, anunciaron o fin dos Jonas Brothes, lanzándose asi a unha carreira en solitario con Island Records, tendo o seu primeiro sinxelo lanzado en setembro, titulado "Chains".

En novembro de 2014, Nick lanza o seu segundo álbum en solitario Nick Jonas.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

Nick Jonas & The Administration[editar | editar a fonte]

Jonas Brothers[editar | editar a fonte]

EP's[editar | editar a fonte]

Nick Jonas[editar | editar a fonte]

Nick Jonas & The Administration[editar | editar a fonte]

Jonas Brothers[editar | editar a fonte]

  • Be Mine (2009)
  • iTunes Live from SoHo (2009)
  • iTunes Essentials (2009)

Álbums en vivo[editar | editar a fonte]

Nick Jonas & The Administration[editar | editar a fonte]

Jonas Brothers[editar | editar a fonte]

Bandas sonoras orixinais[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes
Ano Filme Rol Notas
2008 Best of Both Worlds Concert El mesmo Filme de concerto en 3D
Camp Rock Nate Gray Filme de TV
2009 Jonas Brothers: The 3D Concert Experience El mesmo Filme de concerto en 3D
Night at the Museum: Battle of the Smithsonian Cherub Filme
2010 Camp Rock 2: The Final Jam Nate Gray Filme de TV
Les Misérables: 25th Anniversary Concert Marius Pontmercy
2011 Jonas Brothers: The Journey El mesmo Documental non autorizado[1]
2014 Careful What You Wish For Doug Martin
Series de televisión
Ano Título Rol Notaes
2007 Hannah Montana El mesmo "Me and Mr. Jonas and Mr. Jonas and Mr. Jonas" (Tempada 2, Episodio 16)
2009–2010 JONAS / Jonas L.A. Nick Lucas Co-lead role; Disney Channel (Tempada 1 como JONAS, Tempada 2 as Jonas L.A.)
2011 Mr. Sunshine Eli White "Employee of the Year" (Tempada 1, Episodio 2)
Last Man Standing Ryan Vogelson "Last Christmas Standing" (Tempada 1, Episodio 10)
2012 Smash Lyle West "The Cost of Art" (Tempada 1, Episodio 4) and "Bombshell"[2] (Tempada 1, Episodio 15)[3]
Submissions Only Lonely Dancer[4] "Another Interruption" (Tempada 2, Episodio 8)
2013–2014 Hawaii Five-0[5] Ian Wright "Akanahe" (Tempada 4, Episodio 8);[6] "O ka Pili'Ohana ka 'Oi" (Tempada 4, Episodio 22)[7]
2014 - actualidade Kingdom[8] Nate Kulina Protagonista
Reality Shows
Ano Título Rol Notas
2008, 2010 Jonas Brothers: Living the Dream El mesmo Reality show
2009 Band in a Bus El mesmo Reality DVD
2012 The X Factor El mesmo
2012–2013 Married to Jonas El mesmo[9] Documental
Estrela invitada
Ano Título Rol Notas
2008 Studio DC: Almost Live El mesmo Segundo show
Extreme Makeover: Home Edition El mesmo "The Akers Family" (Tempada 6, Episodio 2)
2009 Saturday Night Live El mesmo Episodio do 14 de Febreiro de 2009
2010 Live! with Regis and Kelly El mesmo (Presentador) 8 de Xaneiro de 2010
Minute to Win It El mesmo Episodio do 12 de Maio de 2010
I Get That a Lot El mesmo Episodio do 19 de Maio de 2010
Extreme Makeover: Home Edition El mesmo "The Heathcock Family" (Tempada 7, Episodio 17)
The Biggest Loser El mesmo Episodio 13 da Tempada 10[10]
2011 Dancing with the Stars El mesmo Membro da Audiencia
2012 Empire Girls: Julissa and Adrienne El mesmo [11]
Opening Act El mesmo Nick Jonas e Patrick Tanner[12]
2013 Miss USA 2013 El mesmo Presentador e actuación cos Jonas Brothers
2013 Teen Choice Awards El mesmo Tocando a batería para Demi Lovato en "Made in the USA"[13]
Videoclips
Ano Título Artista Rol
2011 My Time[14] Gabrielle Giguere Produtor e cameo
Teatro
Ano Título Rol Notas
2000 Un conto de Nadal Tiny Tim
2001 Annie Get Your Gun Little Jake
2002 Beauty and the Beast Chip
2003 Os Miserábeis Gavroche
Sorrisos e lágrimas Kurt
2010 Os Miserábeis Marius Pontmercy 21 de Xuño ao 24 de Xullo; 3 de Outubro (Concerto do 25º Aniversario)
2011 Hairspray Link Larkin 5-7 de Agosto de 2011 no Hollywood Bowl
2012 How to Succeed in Business Without Really Trying J. Pierrepont Finch 24 de Xaneiro - 20 de Maio de 2012

Tours[editar | editar a fonte]

Xunto aos Jonas Brothers[editar | editar a fonte]

Como invitado[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]