Fred Hampton
Fred Hampton | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de agosto de 1948 |
Lugar de nacemento | Summit |
Falecemento | 4 de decembro de 1969 |
Lugar de falecemento | Chicago |
Causa | ferida por arma de fogo |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Proviso East High School e Triton College |
Ocupación | activista, político, Activista polos dereitos humanos e activista social |
Cónxuxe | Akua Njeri |
Fillos | Fred Hampton, Jr. |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fred Hampton, nado en Summit o 30 de agosto de 1948 e finado en Chicago o 4 de decembro de 1969, foi un revolucionario e activista socialista estadounidense.[1] Presidente do Black Panther Party (BPP) en Illinois e vicepresidente do BPP a nivel nacional, foi asasinado polo FBI e a policía de Chicago no seu sono.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como líder do BPP, fundou unha importante organización política multicultural coñecida como Rainbow Coalition, creando unha alianza entre as grandes bandas de rúa para rematar coas súas loitas entre si e traballar polo cambio social.
Debido ao seu forte liderado, o FBI identificou a Hampton en 1967 como unha ameaza radical e comezou a tentar subverter as súas actividades en Chicago, sementando desinformación entre estes grupos e colocando unha operación de contraespionaxe sobre os Panthers locais. En decembro de 1969, unha unidade táctica da Fiscalía do Condado de Cook, xunto co Departamento de Policía de Chicago e o FBI, mataron a Hampton na súa cama durante unha redada antes do amencer no seu apartamento, Chicago. Durante a mesma, outra pantera, Mark Clark, tamén morreu e varias resultaron feridas de gravidade. En xaneiro de 1970, o xurado dun forense realizou unha investigación e decidiu que a morte de Hampton e Mark Clark era un homicidio xustificado.[2] [3] [4]
Posteriormente presentouse unha demanda civil en nome dos superviventes e das familias de Hampton e Mark Clark. Finalmente saldouse en 1982 por unha liquidación de 1,85 millóns de dólares; a cidade de Chicago, o condado de Cook e o goberno federal pagaron cada un un terzo a un grupo de nove demandantes. Dadas as revelacións sobre o programa ilegal COINTELPRO e os documentos asociados cos asasinatos, a morte de Hampton é agora considerada polos estudosos como un asasinato baixo a iniciativa do FBI. [5] [6] [7]
Na cultura popular[editar | editar a fonte]
- Parte da vida activa de Hampton aparece retratada na película Judas and the Black Messiah (2021), con Daniel Kaluuya no papel de Hampton, que gañou o Oscar ao mellor actor secundario pola súa interpretación.
- Na comedia de Netflix You People (2023), Eddie Murphy aparece cunha camiseta coa frase "FRED HAMPTON WAS MURDERED" (Fred Hampton foi asasinado).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The Assassination of Fred Hampton. Lawrence Hill. 2010. p. 4. ISBN 9781569767092.
- ↑ "Panther Inquest Backs Police" (PDF). Chicago. 22 de xaneiro de 1970.
- ↑ Rutberg, Susan (6 de decembro de 2017). "Nothing but a Northern Lynching: The Death of Fred Hampton Revisited".
- ↑ Thamm, Natalie (7 de abril de 2019). "Murder or “Justifiable Homicide”?: The Death of the Revolutionary Fred Hampton". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2019. Consultado o 29 de xaneiro de 2023.
- ↑ Ethics Along the Color Line (en inglés). Cornell University Press. 31 de maio de 2018. pp. 60–61. ISBN 9781501717703.
- ↑ Days of Rage: America's Radical Underground, the FBI, and the Forgotten Age of Revolutionary Violence (en inglés). Penguin Publishing Group. 2016. pp. 84–85. ISBN 9780143107972.
- ↑ "In 1969, Charismatic Black Panthers Leader Fred Hampton Was Killed in a Hail of Gunfire. 50 Years Later, the Fight Against Police Brutality Continues". 3 de decembro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fred Hampton ![]() |