Saltar ao contido

The Trial of the Chicago 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Trial of the Chicago 7
 Título
The Trial of the Chicago 7 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Ambientado en
 Representa a
Publicación
 Data de publicación
25 de setembro de 2020 (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
76/100 Metacritic (11 de outubro de 2025)
89% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
7.7/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (15 de marzo de 2021) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
2 horas e 9 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt1070874 Filmaffinity: 389985 Allocine: 130085 Rottentomatoes: m/the_trial_of_the_chicago_7 Allmovie: v585465 Metacritic: movie/the-trial-of-the-chicago-7 Netlix: 81043755 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Trial of the Chicago 7 é un filme estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Aaron Sorkin. Baseado en feitos reais, o filme conta a historia dos Chicago Seven, un grupo de activistas contra a guerra de Vietnam acusados de conspiración e de cruzar fronteiras estatais co obxectivo de incitar disturbios na Convención Demócrata de 1968 que se celebrou en Chicago. Está protagonizado por Yahya Abdul-Mateen II, Sacha Baron Cohen, Daniel Flaherty, Joseph Gordon-Levitt, Michael Keaton, Frank Langella, John Carroll Lynch, Eddie Redmayne, Noah Robbins, Mark Rylance, Alex Sharp e Jeremy Strong.

Sorkin escribiu orixinalmente o guión en 2007, coa intención de que Steven Spielberg dirixise o filme cun elenco de actores descoñecidos. Despois da folga de guionistas de 2007 e por mor de problemas orzamentarios, Spielberg abandonou o proxecto e o propio Sorkin foi anunciado como director en outubro de 2018. A maioría do elenco uniuse ao proxecto ese mesmo mes.[1] A rodaxe comezou no outono de 2019 en Chicago e nos arredores de Nova Jersey.

Orixinalmente, a súa distribución nos cinemas estaba xestionada por Paramount Pictures, mais os dereitos de distribución foron vendidos a Netflix por mor da pandemia por coronavirus. Estreouse nalgúns cinemas escollidos dos Estados Unidos o 25 de setembro de 2020, e dixitalmente en Netflix o 16 de outubro de 2020. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Os sete de Chicago

[editar | editar a fonte]

Outros papeis

[editar | editar a fonte]
  1. Ansen, David (22 de xullo de 2020). "First Look at Aaron Sorkin’s The Trial of the Chicago 7". Vanity Fair. Consultado o 22 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sorkin, Aaron. The Trial of the Chicago 7: The Screenplay. Nova York: Simon & Schuster, 2020. ISBN 1982163240. OCLC 1148870502
  • Editado por Mark L. Levine, George C. McNamee and Daniel Greenberg / Foreword by Aaron Sorkin. The Trial of the Chicago 7: The Official Transcript. Nova York: Simon & Schuster, 2020. ISBN 978-1982155094. OCLC 1162494002
  • Editado cunha introdución de Jon Wiener. Conspiracy in the Streets: The Extraordinary Trial of the Chicago Seven. Por Tom Hayden e debuxos de Jules Feiffer. Nova York: The New Press, 2006. ISBN 978-1565848337
  • Editado por Judy Clavir e John Spitzer. The Conspiracy Trial: The extended edited transcript of the trial of the Chicago Eight. Complete with motions, rulings, contempt citations, sentences and photographs. Introdución de William Kunstler e continuación de Leonard Weinglass. Indianápolis: Bobbs-Merrill Company, 1970. ISBN 0224005790. OCLC 16214206

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]