Saltar ao contido

El agente topo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El agente topo
 Instancia de
 Título
El agente topo (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Obra derivada
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
15 de xullo de 2021 (Hungría)
25 de xaneiro de 2020 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Duración
 90 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
94% Rotten Tomatoes (30 de outubro de 2021)
7.6/10 Rotten Tomatoes (30 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt11394298 Filmaffinity: 330011 Rottentomatoes: m/the_mole_agent Editar o valor en Wikidata
Wikidata

El agente topo é un filme de 2020 dirixido por Maite Alberdi[1] e coproducido entre Chile, os Estados Unidos, Alemaña, os Países Baixos e España. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance na sección "World Cinema Documentary".[2] Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[3] chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.

Foi candidato ao Goya ó mellor filme estranxeiro de fala hispana, aos Independent Spirit ao mellor documental e ao Óscar ao mellor documental.[4][5][6] Gañou o premio Ariel como mellor filme iberoamericano e o premio Platino como mellor filme documental.[7][8]

Rómulo Aitken é un detective que ten unha empresa de investigacións privadas. Unha clienta encárgalle investigar a residencia de anciáns onde vive a súa nai pensando que pode ser maltratada. Rómulo adestra a Sergio Chamy, un home de 83 anos que xamais traballou como detective para vivir tres meses infiltrado na residencia.[9][10]

Produción

[editar | editar a fonte]

Tras recibir fondos do Consejo Nacional de Televisión, do Ministerio das Culturas, das Artes e do Patrimonio e da CORFO, o documental completou o seu financiamento coas cadeas IPBS dos Estados Unidos e SWR de Alemaña e o IDFA Bertha Fund dos Países Baixos, ademais dos coprodutores españois.[11]

As personaxes son os residentes do fogar San Francisco en El Monte (Rexión Metropolitana de Santiago), e o filme adaptouse a eles máis que eles ao proxecto. Por exemplo, incluíuse o falecemento dunha residente que ocorreu durante a rodaxe e a aprendizaxe real de WhatsApp por parte do axente.[12]

A esixencia de mesturar aspectos documentais e ficticios implicou a realización dun gran número de planos, e a rodaxe de escenas durou ata seis horas. As escenas montábanse pola noite en determinados espazos, como o comedor, que o equipo de filmación non podía empregar durante o día.[12]

  1. "'The Mole Agent' Review: Undercover, Where You Least Expect Him". The New York Times. Consultado o 23 de setembro de 2020.
  2. "'The Mole Agent': Sundance Review". ScreenDaily. Consultado o 23 de setembro de 2020.
  3. ""El Agente Topo" será el representante de Chile en los premios Oscar". Fotech. 19 de novembro de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020.
  4. Varas Zamora, Gabriela (18 de xaneiro de 2021). ""El agente Topo" es nominada al Premio Goya a mejor película iberoamericana". emol. Consultado o 15 de marzo de 2021.
  5. Davis, Clayton (26 de xaneiro de 2021). "How the Film Independent Spirit Nominations Could Affect the Oscars Race". variety.com (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
  6. AMPAS (2021). "The 93rd Academy Awards (2021) - Documentary (Feature)". www.oscars.org (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2021.
  7. Contreras, Emilio (27 de setembro de 2021). ""El Agente Topo" triunfa en los Premios Ariel y se lleva importante reconocimiento". biobiochile. Consultado o 26 de setembro de 2021.
  8. Guerra, Ignacio (4 de outubro de 2021). ""El Agente Topo" y Alfredo Castro triunfan en los Premios Platino y se llevan tres galardones". emol. Consultado o 24 de outubro de 2021.
  9. "The Mole Agent: the story of the most unusual documentary of the year". The Guardian (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2020.
  10. Cinechile. "El agente topo" (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2020.
  11. Capdevila, Constanza (11 de abril de 2021). "Con fondos de Chile, Estados Unidos, Alemania, Holanda y España: Cómo se financió El agente topo". litoralpress (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 11 de abril de 2021.
  12. 1 2 Semana (2021-03-04). "‘El agente topo’: un documental que roza con la ficción". Semana.com Últimas Noticias de Colombia y el Mundo (en castelán). Consultado o 2021-03-05.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]