Hillbilly Elegy (filme)
| Hillbilly Elegy | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||
Hillbilly Elegy é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Ron Howard, a partir dun guión de Vanessa Taylor. Baséase no libro homónimo de J. D. Vance. Está protagonizado por Glenn Close, Amy Adams, Gabriel Basso, Haley Bennett, Freida Pinto, Bo Hopkins e Owen Asztalos, e conta a historia dun estudante de dereito en Yale que debe regresar coa súa familia en Ohio para atender unha emerxencia familiar.
Despois de mercar os dereitos do libro de Vance en 2017, Imagine anunuciou a Howard como director. Netflix adquiriu os dereitos de distribución en xaneiro de 2019, e a maioría do elenco uniuse en abril. A rodaxe produciuse dende xuño até agosto dese mesmo ano en Xeorxia e Ohio.
Hillbilly Elegy estreouse en cinemas escollidos dos Estados Unidos o 11 de novembro de 2020, e dixitalmente a través de Netflix o 24 de novembro. O filme recibiu valoracións negativas por parte da crítica, que criticou o seu guión e narrativa, aínda que as interpretacións do elenco recibiron boas valoracións.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Amy Adams como Beverly "Bev" Vance
- Glenn Close as Bonnie "Mamaw" Vance
- Sunny Mabrey como Bonnie de nova
- Gabriel Basso como J. D. Vance
- Owen Asztalos como J. D. de neno
- Haley Bennett como Lindsay Vance
- Freida Pinto como Usha
- Bo Hopkins como Papaw Vance
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hillbilly Elegy na IMDb (en inglés).
- Filmes de 2020
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Ron Howard
- Filmes de Imagine Entertainment
- Filmes rodados en Ohio
- Filmes rodados en Atlanta
- Filmes con banda sonora de Hans Zimmer
- Filmes sobre familias disfuncionais
- Filmes ambientados en 1997
- Filmes ambientados en 2011