Nairo Quintana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNairo Quintana

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Nairo Alexander Quintana Rojas Editar o valor em Wikidata
4 de febreiro de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Tunja, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Altura166 cm Editar o valor em Wikidata
Peso58 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaColombia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoEscalador Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
2009-2009 Boyacá Raza de Campeones (en) Traducir
2010-2011 Manzana Postobón Team (pt) Traducir
2012-2019 Movistar Team
2020-2022 Fortuneo-Oscaro
2024- Movistar Team Editar o valor em Wikidata
Participou en
20232023 UCI World Ranking (en) Traducir (1002º)../... 25+ Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsDayer Quintana Editar o valor em Wikidata

Facebook: nairo.quintana Twitter: NairoQuinCo Instagram: nairoquincoficial Editar o valor em Wikidata

Nairo Alexander Quintana Rojas, nado en Tunja (Boyacá) o 4 de febreiro de 1990, é un ciclista profesional colombiano pertencente ao equipo Movistar Team de categoría UCI ProTour. Anteriormente correra como afeccionado e profesional no equipo boiacence Boyacá es Para Vivirla, destacándose como escalador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprendeu a montar en bici de adolescente para ir á escola. No ano 2009 fichou polo equipo afeccionado Boyacá es para Vivirla, dirixido por Vicente Belda. Nese ano participou en probas europeas do UCI Europe Tour, como a Volta á Comunidade de Madrid, o Circuíto Montañés, a Clásica de Ordizia o Circuíto de Getxo e a Subida a Urkiola. En setembro dese ano participou na categoría sub'23 do Mundial de Mendrisio, rematando 26º na proba contra o reloxo e retirándose na proba en ruta.

En 2010 pasou ao equipo Café de Colombia-Colombia es Pasión, tamén de categoría Continental, dirixido por Luis Fernando Saldarriaga. Gañou o Tour do Porvenir e as dúas últimas etapas da proba.

En 2011 mantívose no equipo, que ascendeu de categoría e pasou a ser Profesional Continental. Isto permitiulle participar en probas do UCI WorldTour, como a Volta a Cataluña (onde gañou a clasificación da montaña), o GP Miguel Indurain, a Klasika Primavera ou a Volta a Castela e León.

En 2012 fichou polo equipo español Movistar, de categoría ProTeam. En marzo gañou a Volta a Murcia, da que gañou a primeira etapa. En maio foi segundo na Volta á Comunidade de Madrid. En xuño gañou a etapa destacada do Critérium do Dauphiné, con meta en Morzine. Á semana seguinte gañou a Ruta do Sur, logo de gañar a penúltima etapa. Na Volta a España foi gregario de Alejandro Valverde, e rematou no posto 36º, contribuíndo á vitoria na contra o reloxo por equipos inaugural disputada en Pamplona. Despois desa proba participou no Giro da Lombardía, e o Giro de Emilia, que acabou gañando.

Nairo Quintana na cronoescalada ao Col d'Èze na París Niza.

En 2013 rematou sétimo na Volta a Andalucía e undécimo na Volta a Murcia. En marzo rematou 15º na París-Niza. Á semana seguinte foi 4º na Volta a Cataluña, gañando unha etapa. En abril gañou a Volta ao País Vasco, logrando tamén unha etapa e o premio á regularidade[1]. En xullo participou no Tour de Francia; inicialmente ía como gregario de Alejandro Valverde, mais un problema técnico deste fixo que pasase a ser o mellor colocado do equipo. Finalmente acadou o 2º posto na clasificación xeral, o maillot de campión da montaña, e o trofeo de corredores novos. En agosto gañou a Volta a Burgos.

No ano 2014 gañou o Giro de Italia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Quintana, campión da Vuelta al País Vasco 2013.

2010

2012

2013

2014

2015

2016

Resultados en grandes voltas e campionatos do mundo[editar | editar a fonte]

Carreira 2012 2013 2014 2015 2016
Giro de Italia - - - -
Tour de Francia - -
Volta a España 36º - Ab. -
Mundial en Ruta 69º - - - -

-: non participa
Ab.: abandono

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nairo Quintana, el hombre de los imposibles", artigo en El Tiempo, 6 de abril de 2013 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]