Álvaro Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Álvaro Pino
Álvaro Pino Xacobeo Galicia.JPG
Información persoal
Nacemento Álvaro Pino Couñago
17 de setembro de 1956 (58 anos)
Fontenla, Ponteareas
Nacionalidade Galicia Galicia
Equipo
Último equipo
Equipo(s) Pro
1981-1991 Colchón CR
BH
Seur
Kelme
Principais vitorias
Jersey gold.svg Vuelta a España de 1986
Volta a Cataluña de 1987

Álvaro Pino Couñago, nado en Fontenla, Ponteareas, o 17 de agosto de 1956, é un ex-ciclista galego. En 2010 foi o director deportivo do Xacobeo Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou coma profesional en 1981, ano no que gañou a súa primeira tirada na Vuelta Ciclista a España na etapa Zaragoza-Torrejón, tras unha escapada de 200 km. Nesa competición, foi cuarto en 1983, chegando a ser líder poñendo en apertos ao propio Bernard Hinault. Gañaría a clasificación xeral en 1986 e unha tirada, derrotando en todos os terreos a primeiras figuras como Sean Kelly, Robert Millar, Laurent Fignon ou Pedro Delgado. En 1988, gañou o Gran Premio da Montaña e tres tiradas máis. En 1989 gañou a célebre tirada dos Lagos de Covadonga. Nesa volta, co equipo ZOR, foi dúas veces primeiro na clasificación por equipos (en 1983 e en 1985).

No Tour de Francia, acadou en dúas ocasións a oitava posición (en 1986 e 1988).

Outras vitorias importantes serían a Subida ao Naranco en 1982, a Volta a Cataluña, dúas tiradas e a Escalada ao Montjuic en 1987. Ademais da mencionada vitoria na Volta a Cataluña de 1987, foi segundo en 1986, cuarto en 1988 e terceiro en 1989. Na Subida ao Naranco, ademais da devandita vitoria, foi dúas veces terceiro: en 1987 e 1989. Tras a vitoria de 1987, na Escalada ao Montjuic foi segundo en 1988.

Na Volta a Asturias subiu tres veces ao podio: foi terceiro en 1982, segundo en 1983 e terceiro en 1989. Foi terceiro no Gran Premio de Navarra (hoxe Premio Miguel Indurain) en 1985, tamén terceiro na Subida ao Urkiola en 1988 e segundo na Klásica de Primavera de 1989.

Na Volta a Galicia, a súa mellor posición foi 2º en 1988, ano en que gañou tamén unha tirada e o Gran premio da Montaña. Tamén gañou o Gran premio da montaña da Volta a Galicia de 1987 e o da Volta ao País Vasco de 1988.

Foi campión galego de ciclocross 1987-88, 1988-89.

Foi seleccionado en sete ocasións para disputar o campionato do mundo de ciclismo de fondo en estrada. En 1988 recibiu o Premio Superprestixio de Unipublic. Quedou no posto 18º nun Giro de Italia, o de 1983, especialmente deseñado para rodadores e velocistas.

En total, estivo como ciclista profesional 11 anos, dende 1981 a 1991, se ben as tempadas de 1984 e 1990 pasounas practicamente inactivo debido ás lesións. Con todo, a súa participación na primeira metade da Vuelta ciclista a España de 1990 foi decisiva para o triunfo final do seu compañeiro de equipo Marco Giovanetti. Tivo que retirarse, por múltiples lesións, cando estaba de 10º na clasificación xeral.

Como profesional correu nos equipos Colchón CR, BH, Seur e Kelme, retirándose en 1991. Posteriormente, foi director deportivo do conxunto ciclista español Kelme (1992 a 1999) e despois do suízo Phonak (de 2002 a principios do 2005). Foi o descubridor para o ciclismo de elite dos corredores galegos Marcos Serrano e Óscar Pereiro.

En maio de 2006, foi presentado oficialmente como director técnico do equipo profesional de ciclismo Xacobeo Galicia. Con el como director de equipo, o Xacobeo Galicia proclamouse campión por equipos da Vuelta ciclista a España 2009.

Palmarés[editar | editar a fonte]

1981

1982

1983

1986

1987

1988

1989

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]