Volta a Turquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaVolta a Turquía
Imaxe
Tipocorrida por etapas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónTurquía 39°N 36°L / 39, 36Coordenadas: 39°N 36°L / 39, 36 Editar o valor em Wikidata
Vixencia1965 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadaabrilEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialtourofturkey.org.tr Editar o valor em Wikidata
Facebook: tourofturkeyTUR Instagram: tour_of_turkey Editar o valor em Wikidata

O pelotón na edición do 2014.

A Volta a Turquía (en turco: Cumhurbaşkanlığı Bisiklet Turu) é unha volta ciclista por etapas que se disputa en Turquía todos os anos. Conta con categoría 2.HC do UCI Europe Tour dende o 2010, aínda que anteriormente contou con outros coeficientes. Dende o 2006, tivo categoría 2.2 mentres que entre o 2008 e o 2010 contou con coeficiente 2.1.

Dispútase dende o ano 2002, aínda que dende 1967 xa se levaban disputando outras edicións illadas. A primeira edición foi afeccionada mentres que as dúas seguintes xa foron da máxima categoría afeccionada, a 2.6. e logo de 2.5 (última gategoría profesional). Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI sempre formou parte do circuíto europeo, aínda que non sempre co mesmo coeficiente.

Realízase en oito etapas, aínda que nalgunhas ocasións a primeira é un prólogo ou unha carreira de exhibición. Normalmente, saía de Istambul e acababa en Alanya, porén dende a edición de 2012 vense facendo ao revés, con inicio en Alanya e chegada en Istambul.

O único ciclista con dúas vitorias é o iraniano Ghader Mizbani. O actual campión é o portugués José Gonçalves.

Clasificacións[editar | editar a fonte]

A mascota da proba Pardus.

Dende o 2016, as clasificacións que se disputan son as seguintes:

  • Maillot azul. Vestido polo líder da clasificación xeral.
  • Maillot branco. Vestido polo mellor na clasificación de Belezas de Turquía.
  • Maillot vermello. Vestido polo líder da montaña.
  • Maillot verde. Vestido polo primeiro nos puntos.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Adam Yates no podio final do 2014.

Lista de gañadores dende o ano 2002.

Ano Gañador Equipo
2002 Irán Ghader Mizbani Telekom Malaysia Cycling Team
2003 Mert Mutlu
2004 Irán Ahad Kazemi Giant Asia Racing Team
2005 Bulgaria Svetoslav Tchanliev Cycling Club Bourgas
2006 Irán Ghader Mizbani Brisaspor
2007 Bulgaria Ivailo Gabrovski Velo-M-Hemus-Makedonya
2008 Galiza David García Karpin Galicia
2009 Daryl Impey Barloworld
2010 Italia Giovanni Visconti ISD-Neri
2011 Alexander Efimkin Team Type 1–Sanofi Aventis
2012 Alexsandr Dyachenko Astana)
2013 Eritrea Natnael Berhane Team Europcar
2014 Adam Yates Orica-GreenEDGE
2015 Croacia Kristijan Đurasek Lampre-Merida
2016 Portugal José Gonçalves Caja Rural-Seguros RGA

Vitorias por países[editar | editar a fonte]

Lista de vitorias por países dende o 2002.

País Vitorias
Irán 3
Bulgaria Bulgaria 2
Galiza Galiza 1
Turquía Turquía
Sudáfrica Suráfrica
Rusia Rusia
Italia Italia
Eritrea Eritrea
Reino Unido Reino Unido
Casaquistán
Croacia Croacia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]