Pedro Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Delgado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pedro Delgado Robledo Editar o valor em Wikidata
15 de abril de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Segovia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1982-1984 Movistar Team
1985-1985 Artiach–Chiquilin (en) Traducir
1986-1987 PDM (pt) Traducir
1988-1994 Movistar Team Editar o valor em Wikidata
Participou en
19941994 UCI Road World Rankings (en) Traducir (49º)
19931993 UCI Road World Rankings (en) Traducir (28º)
19921992 UCI Road World Rankings (en) Traducir (22º)
19911991 UCI Road World Rankings (en) Traducir (19º)
19901990 UCI Road World Rankings (en) Traducir (13º)
19891989 UCI Road World Rankings (en) Traducir (4º)
19881988 UCI Road World Rankings (en) Traducir (9º)
19871987 UCI Road World Rankings (en) Traducir (19º)
19861986 UCI Road World Rankings (en) Traducir (34º)
19851985 UCI Road World Rankings (en) Traducir (21º)
Tour de Francia
Vuelta a España Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpedrodelgado.com Editar o valor em Wikidata

Pedro Delgado Robledo, nado o 15 de abril de 1960 en Segovia, é un ciclista español, gañador do Tour de Francia 1988 e da Vuelta a España 1985 e 1989. Actualmente é comentarista de eventos ciclísticos de TVE.

Resultados en grandes voltas ciclistas e Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta[editar | editar a fonte]

Carreira 1982 1983 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994
Giro de Italia - - - - - - - - 15º - - -
Tour de Francia - 15º Ab. Ab. -
Vuelta Ciclista a España 29º 15º 10º - -
Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta - - - 25º 51º - 60º 20º 20º 35º 30º - -

-: no participa
Ab.: abandono

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1982 debuta na Vuelta Ciclista a España, a primeira Gran Volta que disputa. Faino ao servizo de Ángel Arroyo e remata 29º na clasificación xeral.

En 1983 sufriu unha caída na quinta etapa da Volta a España, aínda así realizou boas actuacións nas etapas seguintes, destacando un terceiro posto na sexta etapa, pero non consegue chegar ao nivel dos mellores e finaliza 15º na clasificación xeral final.

Consegue vestirse de amarelo por primeira vez en 1984, ao terminar segundo na sétima etapa. Mantivo a camisola de líder cinco días e perdeuno na etapa dos Lagos de Covadonga, onde se ve atrasado ata a terceira praza da xeral. Na penúltima etapa, unha contrarreloxio, a choiva e o risco excesivo fan que o corredor segoviano sufra unha caída, sen lesións de importancia pero si perde a concentración, perdendo a terceira posición e remata 4º por detrás de Raymund Dietzen.

En 1985, venceu na etapa dos Lagos e consegue a camisola amarela onde a perdera o ano anterior. Con todo, ó día seguinte cede o liderado en beneficio do seu compañeiro de equipo Pello Ruíz Cabestany. Durante os días seguintes, o segoviano non termina de atoparse a gusto e non consegue recortar diferenzas respecto de Robert Millar, o líder da carreira. Na penúltima etapa, e indo a máis de seis minutos do líder, Delgado ataca no descenso do Porto de Navacerrada. Consegue distanciarse e ir abrindo espazo. Alcanza a José Recio, que marchaba escapado por diante del e ambos os dous colaboran para que a escapada siga adiante. Para sorpresa xeral, ambos os dous corredores chegan á meta de Segovia con máis de seis minutos e medio sobre Miller e Delgado, segundo na etapa, vestíndose coa camisola amarela e logra así a súa primeira vitoria na xera da Vuelta Ciclista a España.