José Manuel Fuente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Manuel Fuente Lavandera, nado o 30 de setembro de 1945 en Limanes e finado o 18 de xullo de 1996 en Ovieu foi un ciclista español que salientou como escalador e nas grandes voltas por etapas. O seu alcume era o Tarangu, palabra en bable que significa forte e afouto.

Foi director deportivo do equipo Clas en 1988.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou como profesional en 1969. Na seguinte tempada adxudicouse unha etapa na Volta a Cataluña. O ano da súa consagración como figura do ciclismo foi 1971, cando ademais de facerse co Gran premio da montaña no Giro de Italia, gañou unha etapa nesa volta e dúas no Tour de Francia.

En 1972 gañou a Volta a España, ademais do clasificación da montaña e unha etapa. No Giro de Italia acadou a segunda praza na xeral tras unha dura pugna con Eddy Merckx, dúas etapas e a clasificación da montaña. En 1973 foi terceiro no Tour de Francia que gañou Luis Ocaña, e oitavo no Giro de Italia, facéndose coa clasificación da montaña. Tamén gañou a Volta a Suíza ese mesmo ano, con dúas etapas e o premio da montaña. En 1974 obtivo a súa segunda Vuelta a España, e dúas etapas. No Giro gañou cinco etapas e foi quinto na xeral.

Retirouse debido a problemas de saúde en 1975