Vuelta a España 2007
| 2006 << Vuelta 2007 >> 2008 | |
| Clasificacións | 21 tiradas 3.241 km. |
| Xeral | Denis Menchov |
| Puntos | Daniele Bennati |
| Montaña | Denis Menchov |
| Equipos | Caisse d´Epargne |
| Novos | |
| Mellor galego | Ezequiel Mosquera (5º) |
A LXII edición da Vuelta a España dispútase desde o 1 ata o 23 de setembro de 2007 entre as localidades de Vigo e Madrid, cun percorrido total de 3.241km para completar a Volta. Foi gañada polo ruso Denis Menchov.
Índice |
Percorrido [editar]
A proba ten 11 tiradas chas, 8 de media e alta montaña, 2 cronos individuais e que fan 74km, 4 chegadas no alto, 3 portos de categoría especial, 6 de 1ª categoría, 15 de 2ª caregoría e 18º de 3ª categoría.
A Volta ten 9 tiradas con saída inédita (Allariz, Viveiro, Langreo, Calahorra, D.O. Cariñena, Oropesa, Algemesí, Hellín e Villacarrillo). Estas tres últimas vilas españolas serán ademais final inédito, a canda Torre-Pacheco.
É a sexta vez que a Volta principia en Galicia, das cales unha foi en Santiago de Compostela (1982), dúas na Coruña (1989) e (1993), e tres en Vigo (1965, 1967 e 2007). A Volta pasou por Galicia, con esta, en 17 das 62 edicións. Delas, 12 veces tivo chegada en Vigo (1936, 1941, 1942, 1947, 1960, 1965, 1967, 1980, 1987, 1989, 1993, 2007), e 11 saída desa cidade (as mesmas agás 1987). Santiago de Compostela foi catro veces saída (1942, 1980, 1982, 1985) e cinco veces chegada (1942, 1982, 1985, 1989 e 2007).
De Viveiro e Allariz nunca saíra nin chegara a Vuelta antes desta edición.
Galegos na Vuelta [editar]
Nesta edición da Volta haberá seis ciclistas galegos, o que supón unha cifra record. Iso é en boa parte así grazas á participación do primeiro equipo profesional de ciclismo galego, o Karpin Galicia, que se estrea na Volta a España mercé a un convite da organización. Ademais dos cinco galegos que integran o Karpin (Gustavo César Veloso, Gustavo Domínguez Lemos, David García Dapena, Ezequiel Mosquera e Serafín Martínez Acevedo), participou tamén como líder do seu equipo o Illes Balears-Caisse d'Epargne, Óscar Pereiro.
Óscar Pereiro sufriu unha gastroenterite pola que tivo que retirarse na tirada novena, a primeira das pirenaicas[1]. Serafín Martínez Acevedo abandonou na tirada decimocuarta, logo de que vestise o mailló de líder da montaña nas primeiras xornadas e de que se mantivese na parte alta desta clasificación ata o seu abandono.
Tiradas [editar]
| Tirada | Data | Percorrido | Km | Gañador da tirada | Líder da clasificación xeral |
| 1ª etapa | 1 de setembro | Vigo-Vigo | 145 | Daniele Bennati • Lampre |
Daniele Bennati • Lampre |
| 2ª etapa | 2 de setembro | Allariz-Santiago de Compostela | 150 | Óscar Freire • Rabobank |
Óscar Freire • Rabobank |
| 3ª etapa | 3 de setembro | Viveiro-Luarca | 155 | Paolo Bettini • Quick Step |
Óscar Freire • Rabobank |
| 4ª etapa | 4 de setembro | Langreo-Lagos de Covadonga | 182 | Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne |
Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne |
| 5ª etapa | 5 de setembro | Cangas de Onís-Reinosa | 155 | Óscar Freire • Rabobank |
Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne |
| 6ª etapa | 6 de setembro | Reinosa-Logroño | 195 | Óscar Freire • Rabobank |
Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne |
| 7ª etapa | 7 de setembro | Calahorra-Zaragoza | 140 | Erik Zabel • Milram |
Vladimir Efimquin • Caisse d'Epargne |
| 8ª etapa | 8 de setembro | D. Orixe Cariñena-Zaragoza | 49 (contrarreloxo) | Bert Grabsch • T-Mobile |
Stijn Devolder • Discovery Channel |
| 9ª etapa | 9 de setembro | Huesca-Cerler | 174 | Leonardo Piepoli • Saunier Duval |
Denis Menchov • Rabobank |
| 10ª etapa | 10 de setembro | Benasque-Ordino Arcalís | 220 | Denis Menchov • Rabobank |
Denis Menchov • Rabobank |
| 11ª etapa | 12 de setembro | Oropesa-Algemesí | 190 | Alessandro Petacchi • Milram |
Denis Menchov • Rabobank |
| 12ª etapa | 13 de setembro | Algemesí-Hellín | 167 | Alessandro Petacchi • Milram |
Denis Menchov • Rabobank |
| 13ª etapa | 14 de setembro | Hellín-Torre-Pacheco | 150 | Andreas Klier • T-Mobile |
Denis Menchov • Rabobank |
| 14ª etapa | 15 de setembro | Porto Lumbreras-Villacarrillo | 205 | Jason McCartney • Discovery Channel |
Denis Menchov • Rabobank |
| 15ª etapa | 16 de setembro | Villacarrillo-Selecta | 205 | Samuel Sánchez González • Euskaltel-Euskadi |
Denis Menchov • Rabobank |
| 16ª etapa | 18 de setembro | Xaén-Puertollano | 165 | Leonardo Duque • Cofidis |
Denis Menchov • Rabobank |
| 17ª etapa | 19 de setembro | Cidade Real-Talavera de la Reina | 180 | Daniele Bennati • Lampre |
Denis Menchov • Rabobank |
| 18ª etapa | 20 de setembro | Talavera de la Reina-Ávila | 154 | Luís Pérez • Andalucía Cajasur |
Denis Menchov • Rabobank |
| 19ª etapa | 21 de setembro | Ávila-Alto de Abantos | 135 | Samuel Sánchez González • Euskaltel-Euskadi |
Denis Menchov • Rabobank |
| 20ª etapa | 22 de setembro | Collado Villalba | 25 (contrarreloxo) | Samuel Sánchez González • Euskaltel-Euskadi |
Denis Menchov • Rabobank |
| 21ª etapa | 23 de setembro | Rivas Vaciamadrid-Madrid | 100 | Daniele Bennati • Lampre |
Denis Menchov • Rabobank |
Etapas clave da Volta a España 2007 [editar]
A proba comezará cunha tirada completa en liña (nin contrarreloxo nin prólogo), o que non se facía dende 1998. A 4ª etapa ascéndese ó porto asturiano dos Lagos de Covadonga. A seguinte etapa chega a Reinosa e constará de 4 portos, un deles, La Palombera, que será de 1º categoría e a só 18 km de meta. A primeira crono disputarase en Zaragoza sobre 49 km. Os escaladores atopáranse con dúas tiradas de alta montaña seguidas nos Pireneos. Na primeira delas ascenderán catro portos: Monrepos, Serrablo, Foradad e a ascensión final a Cerler. Ó día seguinte será a etapa máis longa e terán que subir Fayas, Perves, Cantó e a ascensión final a Ordino-Arcalís.
A segunda parte da Volta será máis levadeira por terras levantinas e murcianas ata chegar a Andalucía. A 14º tirada disputarase na Serra de Cazorla, onde se ascenderán 3 portos. A 15º etapa chegarase á provincia de Granada, onde os ciclistas defrontarán, como nas últimas dúas edicións, a ascensión do Monachil. A 16ª xornada terá tres portos e chegarase a Castela-A Mancha. A 18ª xornada chegarase a Ávila, ascendendo Mijares e Navalmoral. Ó día seguinte chegarase ó Alto de Abantos, como a última etapa con final no alto. Está etapa constará de 6 portos e Abantos subirase dúas veces. O penúltimo día haberá unha contrarreloxo clásica de 25 km por Collado Villalba e a Volta terminará ó día seguinte no Paseo de la Castellana en Madrid.
Os portos da Volta a España 2007 [editar]
| Tirada | Portos | |
| 1 | Alto de Vilarchán (340 m, 3º) | Alto de San Cosme (380 m, 3º) | |
| 2 | Alto do Paraño (800 m, 3º) | |
| 3 | Alto de Nogueira (400 m, 3º) | A Cruz da Campa (300 m, 3º) | |
| 4 | La Llama (425 m, 3º) | Lagos de Covadonga (1.100 m, especial) | |
| 5 | Collado de Ozalba (560 m, 2º) | Collado de Carmona (620 m, 2º) | Palombera (1.230 m, 1º) | |
| 6 | Alto de Cerceda (730 m, 3º) | |
| 9 | El Serrablo (1.290 m, 2º) | La Foradada (1.020 m, 2º) | Cerler (1.920 m, especial) | |
| 10 | Perves (1.350 m, 2º) | Cantó (1.600 m, 1º) | Ordino-Arcalís (2.220 m, especial) | |
| 11 | Porto Chirivilla (711 m, 2º) | |
| 13 | Alto de Prego (460 m, 3º) | |
| 14 | El Pinar (1.60 m, 2º) | Alto del Tronco (1.100 m, 2º) | |
| 15 | Los Blancares (1.290 m, 3º) | Alto de Monachil (1.510 m, 1º) | |
| 16 | Alto del Parque Natural de Andújar (750 m, 2º) | Alto de la Sierra Madrona (960 m, 3º) | Los Rehoyos (980 m, 2º) | |
| 17 | El Milagro (930 m, 3º) | |
| 18 | Navalmoral (1.514 m, 2º) | |
| 19 | Alto de Santa María de la Alameda (1.440 m, 2º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º) | Alto de Robledondo (1.400 m, 3º) | Alto de Abantos (1.650 m, 1º) |
Equipos participantes [editar]
Galería de imaxes [editar]
-
Pelotón ó seu paso por Cacheiras
Curiosidades [editar]
A canción oficial foi interpretada por Hanna, e chamouse "Como la vida".
Notas [editar]
- ↑ http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=85&idNoticia=207519 Menchov logra os galóns. Galicia-Hoxe.