Isidro Nozal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Informacións | |
|---|---|
| Nome | Isidro |
| Apelido | Nozal Vega |
| Data de nacemento | 18 de outubro de 1977 |
| País | |
| Equipo | |
| Último equipo | |
| Equipo(s) Pro | |
| 1999- | ONCE-Deutsche Bank (1999-2000) ONCE-Eroski (2001-2003) Liberty Seguros (2004) Liberty Seguros Würth Cycling Team (2005) Astana-Würth Team (2006) Karpin Galicia Liberty Seguros (2009) |
Isidro Nozal Vega, nado en Barakaldo (Biscaia) o 18 de outubro de 1977, é un ciclista vasco.
Traxectoria [editar]
Acadou a fama na tempada 2003 ó estar a piques de gañar a Vuelta Ciclista a España. Malia acudir como gregario á volta, conseguiu facerse coa maillot de líder, que só perdería tras finalizar a penúltima etapa, unha cronoescalada a Abantos, na que Roberto Heras lle arrebatou o liderato.
É un especialista da contrarreloxo cunha forza extraordinaria, pero sofre na alta montaña, polo que ten complicado facer un bo papel nalgunha das tres grandes voltas.
Actualmente está sancionado pola UCI por dar positivo nun control anti-doping na Volta a Portugal do 2009.
Palmarés [editar]
- 2001: 3ª etapa e 10º na xeral do Giro de Italia
- 2002: 3ª etapa da Clasica de Alcobendas
- 2003. 6ª e 13ª etapas da Vuelta a España; 2º na clasificación xeral da Vuelta a España