Ezequiel Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEzequiel Mosquera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Teo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura177 cm Editar o valor em Wikidata
Peso65 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1999-2002 LA Alumínios-Metalusa-BlackJack
2004-2004 Radio Popular-Boavista
2005-2005 Kaiku
2006-2006 Kelme
2007-2010 Xacobeo Galicia
2011-2011 Vacansoleil-DCM Editar o valor em Wikidata
Participou en
2010UCI World Ranking de 2010 (pt) Traducir (31º)
20102009–10 UCI America Tour (en) Traducir (270º)
18 de outubro de 2009UCI Europe Tour de 2009-2010 (pt) Traducir (60º)
2009UCI Europe Tour de 2008-2009 (pt) Traducir (125º)
2009UCI World Ranking de 2009 (pt) Traducir (52º)
Vuelta a España Editar o valor em Wikidata

Ezequiel Mosquera Míguez, nado en Cacheiras (Teo) o 19 de novembro de 1975, é un ciclista profesional galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ezequiel Mosquera en 2008.

Debutou como profesional no equipo portugués do Paredes Móveis, en 1999. Con este cadro comezou a correr pequenas roldas en Portugal, ata que en 2002 queda de 17º na súa primeira participación na Volta a Portugal. Ao ano seguinte, 2003, ficha polo Cantanhede, e en 2004 polo Boavista. Con este novo conxunto queda sétimo na rolda lusa. En 2005 ficha polo Kaiku, e en 2006 polo Kelme Comunitat Valenciana.

En 2007 ficha polo Karpin Galicia, co que consegue o seu maior éxito ao quedar de quinto na Vuelta a España, o mellor resultado ata o momento tanto del como do seu conxunto. En 2008 obtén a vitoria na primeira tirada da Clásica de Alcobendas, así como o triunfo final. E co mesmo equipo, xa denominado Xacobeo Galicia, queda de segundo na primeira tirada pirenaica da Vuelta a España dese mesmo 2008 e cuarto na clasificación xeral da proba.

No ano 2009 volveu quedar 5º na Vuelta a España Nese ano non puido participar no Giro de Italia por mor dunha fractura no pulso esquerdo. En 2010 gañou a penúltima etapa desa proba (a considerada etapa raíña, con final no cumio da Bola del Mundo), co que quedou 2º na clasificación xeral, a 41 segundos do italiano Vincenzo Nibali. Quedou terceiro na Vuelta a Castilla y León.

O 30 de setembro de 2010 a Unión Ciclista Internacional fixo público os resultados positivos dunha análise antidopaxe realizada a Ezequiel Mosquera e a David García o día 16 de setembro, durante unha tirada da Vuelta a España. A substancia presuntamente detectada é hidroxyetilo, un encubridor doutras substancias[1].

Para o ano 2011 fichou polo equipo Vacansoleil-DCM Pro Cycling Team, mais tras coñecerse a dopaxe o equipo deixou en suspenso a contratación do ciclista, concretándose trala súa absolución. Finalmente foi sancionado a finais de 2011. No ano 2012 Mosquera declarou que quizais incumplira algunha norma antidopaxe, aínda que sen deixar clara a súa culpabilidade[2].

Resultados nas Grandes Voltas[editar | editar a fonte]

Carreira 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
Giro de Italia - - - - - - - - - - -
Tour de Francia - - - - - - - - - - -
Vuelta a España - - - - - - -

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]