Alejandro Valverde
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alejandro Valverde Belmonte, nado o 25 de abril de 1980 en Las Lumbreras de Monteagudo, Murcia, é un ciclista español, gañador do UCI ProTour nos anos 2006 e 2008, e da Vuelta a España en 2009.
Considerado un especialista nas clásicas, gañou 1 Clásica de San Sebastián, 1 Flèche Wallonne e 2 Liège-Bastogne-Liège entre outras probas.
O 1 de xaneiro de 2010 comezou a cumprir unha sanción de 2 anos sen competir por mor da súa implicación nunha trama de dopaxe.
Índice |
[editar] Resultados nas Grandes Voltas
O maior éxito profesional de Alejandro Valverde foi a vitoria na Vuelta a España de 2009.
| Carreira | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Giro de Italia | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - |
| Tour de Francia | - | - | - | Ab. | Ab. | 6º | 8º | - | - | - |
| Vuelta a España | Ab. | 3º | 4º | - | 2º | - | 5º | 1º | - | - |
-: non participou
Ab.: abandono
[editar] Resultados nos Campionatos do Mundo
Alejandro Valverde conseguíu 2 medallas de prata e 1 de bronce na proba en ruta dos campionatos do mundo de ciclismo.
| Carreira | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mundial en Ruta |
- | 2º | 6º | 2º | 3º | 57º | 37º | 9º | - | - |
-: non participou
[editar] Equipos
- Kelme (2002-2004)
- Kelme-Costa Blanca (2002-2003)
- Comunidad Valenciana-Kelme (2004)
- Caisse d'Epargne/Movistar Team (2005-2010)
- Illes Balears-Caisse d'Epargne (2005)
- Caisse d'Epargne-Illes Balears (2006)
- Caisse d'Epargne (2007-2010)
- Movistar Team (2012)