París-Roubaix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe do velódromo de Roubaix.

A París-Roubaix é unha das máis antigas carreiras de ciclismo en estrada. Esta famosa proba tamén é coñecida como A clásica das clásicas ou polo nome do Inferno do norte. Este último nome utilízase actualmente para facer referencia á extrema dureza da carreira, aínda que este alcume en realidade provenlle da desoladora paisaxe de Arenberg resultado dos combates da Primeira Guerra Mundial.

Foi creada en 1896 trala inauguración do velódromo de Roubaix. A proba ten lugar o segundo domingo de abril e o seu percorrido caracterízase polos duros treitos de lastro, entre os que destacan o bosque de Arenberg e o Carrefour De l'Arbre. A chegada ten lugar no velódromo de Roubaix, o que terán que dar unha volta completa para remata-la carreira.

En 1968, o lugar de comezo da carreira pasou de París a Compiègne.

Formou parte da extinta Copa do Mundo de ciclismo dende a súa creación en 1989, e agora encontrase incluida no calendario da UCI ProTour.

Gañadores da París-Roubaix[editar | editar a fonte]

A carreira foi suspendida a causa da Primeira Guerra Mundial dende 1915 ata 1918 e a causa da Segunda Guerra Mundial dende 1940 ata 1942.