Bernard Hinault

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bernard Hinault nado en Yffniac, Bretaña o 14 de novembro de 1954 foi un ciclista francés, profesional dende 1975 a 1986. É o único ciclista en gañar en máis de unha ocasión cada unha das grandes voltas por etapas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou cinco veces o Tour de Francia (1978, 1979, 1981, 1982, 1985). Foi segundo en 1984 detrás de Laurent Fignon e en 1986 detrás de Greg Lemond. Gañou tres veces o Giro de Italia (1980, 1982, 1985), dúas veces a Volta a España (1978, 1983), unha vez o campionato do mundo de fondo en estrada (1980), tres veces a Dauphine Libere e cinco veces o Gran Premio das Nacións. No Tour gañou 25 etapas, na Volta 7 e no Giro 6, ademais de varias clásicas. Foi o terceiro ciclista en gañar cinco Tours. Salientou tanto como rodador, escalador e velocista, o que explica o seu amplísimo palmarés de 216 vitorias, non superado por ningún outro ciclista francés.