Carlos Sastre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Sastre adestrando en 2010.
Carlos Sastre Candil, nado o 22 de abril de 1975 en Leganés, é un ciclista español. Fíxose profesional en 1997, ten acadado postos de podium e vitorias de etapa nas 3 grandes voltas, as clasificacións da montaña na Vuelta a España 2000 e no Tour de Francia 2008, e gañou o Tour de Francia 2008, batendo na clasificación xeral definitiva a Cadel Evans (2º) e Denis Menchov (3º) entre outros.
No eido do persoal, Carlos Sastre vive en Ávila, e está casado ca irmá do falecido ciclista Jose María Jiménez, El Chava.
Índice |
[editar] Participacións nas Grandes Voltas
| Carreira | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Giro de Italia | 101º | - | - | 38º | - | - | - | 43º | - | - | 2º | 8º | 30º |
| Tour de Francia | - | - | 20º | 10º | 9º | 8º | 21º | 3º | 4º | 1º | 17º | 20º | - |
| Vuelta a España | - | 8º | Ab. | - | 35º | 6º | 3º | 4º | 2º | 3º | - | 8º | 20º |
-: non participou
Ab.: abandono