Tirreno-Adriático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Tirreno-Adriático é unha carreira ciclista que se disputa cada ano no mes de marzo en terras italianas. Trátase dunha carreira de sete tiradas, que percorre un traxecto que vai dende as costas do Mar Tirreno ás costas do Mar Adriático, polo que se lle chama "a carreira dos dous mares". Está considerada por moita xente como a segunda carreira por tiradas máis importante de Italia, por detrás do Giro de Italia.

A proba foi creada no ano 1965 e ten moito prestixio, de xeito que está incluída no calendario internacional do UCI ProTour.

É moi habitual que o gañador da Tirreno-Adriático se impoña ós demais corredores por uns poucos segundos de vantaxe, as mais das veces froito das bonificacións que se acadan nas chegadas á meta en cada tirada. Ten pasado mais dunha vez que en tódalas tiradas se chegue ao sprint e polo tanto o gañador da proba sexa o esprinter que gañou mais tiradas, ou sexa, o que acadou mais segundos de bonificación nas chegadas a meta.

A maioría dos anos hai unha tirada que remata na localidade de Macerata, na cal hai unha longa costa cunha inclinación ata do 21%, na que de cando en vez algún ciclista ten acadado a vantaxe definitiva para vencer na proba.

A carreira remata sempre na localidade de San Benedetto del Tronto, na provincia de Ascoli Piceno.

Gañadores[editar | editar a fonte]

O ciclista que máis veces gañou a Tirreno-Adriático foi o clasicómano belga Roger De Vlaeminck, quen acadou a vitoria seis anos seguidos entre 1972 e 1977.

Ano Gañador Tiradas Quilómetros totais
2016 Greg Van Avermaet Bélxica Bélxica 7 1019,8
2015 Nairo Quintana Colombia 7 1004,4
2014 Alberto Contador España España 7 1019,1
2013 Vincenzo Nibali Italia Italia 7 1051,2
2012 Vincenzo Nibali Italia Italia 7 1063,2
2011 Cadel Evans Australia 7 1.075,1
2010 Stefano Garzelli Italia 7 1.229
2009 Michele Scarponi Italia 7 1.042,5
2008 Fabian Cancellara Suíza 7 1.119
2007 Andreas Klöden Alemaña 7 1.111,8
2006 Thomas Dekker Países Baixos 7 1.108,5
2005 Óscar Freire España 7 1.033,4
2004 Paolo Bettini Italia 7 1.228
2003 Filippo Pozzato Italia 7 1.235
2002 Erik Dekker Países Baixos 7 1.049
2001 Davide Rebellin Italia 8 1.155
2000 Abraham Olano España 8 1.249
1999 Michele Bartoli Italia 8 1.412
1998 Rolf Jaermann Suíza 8 1.437
1997 Roberto Petito Italia 8 1.162
1996 Francesco Casagrande Italia 8 1.370
1995 Stefano Colage Italia 8 1.422
1994 Giorgio Furlan Italia 8 1.316
1993 Mauricio Fondriest Italia 8 1.431
1992 Rolf Sørensen Dinamarca 8 1.166
1991 Herminio Díaz Zabala España 8 1.317
1990 Tony Rominger Suíza 8 1.041
1989 Tony Rominger Suíza 7 1.071
1988 Erich Maechler Suíza 6 930
1987 Rolf Sørensen Dinamarca 6 936
1986 Luciano Rabottini Italia 6 981
1985 Joop Zoetemelk Países Baixos 6 1.011
1984 Tommy Prim 6 1.043
1983 Roberto Visentini Italia 5 857
1982 Giuseppe Saronni Italia 5 820
1981 Francesco Moser Italia 5 835
1980 Francesco Moser Italia 5 814
1979 Knut Knudsen 5 916
1978 Giuseppe Saronni Italia 5 864
1977 Roger De Vlaeminck Bélxica 5 809
1976 Roger De Vlaeminck Bélxica 5 882
1975 Roger De Vlaeminck Bélxica 5 816
1974 Roger De Vlaeminck Bélxica 5 781
1973 Roger De Vlaeminck Bélxica 5 582
1972 Roger De Vlaeminck Bélxica 5 884
1971 Italo Zilioli Italia 5 985
1970 Antoon Houbrechts Bélxica 5 913
1969 Carlo Chiappano Italia 5 946
1968 Claudio Michelotto Italia 5 1.037
1967 Franco Bitossi Italia 5 1.068
1966 Dino Zandegu Italia 3 604

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]