Milán-Sanremo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alessandro Petacchi gañando a Milán-Sanremo de 2005

A Milán-Sanremo (en italiano Milano-Sanremo) é unha carreira ciclista anual que ten lugar entre as cidades italianas de Milán e Sanremo. Na actualidade, é a carreira dun só día (clásica) ciclista máis longa cos seus 294 km. A primeira edición tivo lugar en 1907.

O seu percorrido está especialmente adaptado ós sprinters. Nisto contrástase co Giro di Lombardia, centrado nos escaladores. Ten lugar durante a primavera.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Nun principio, a maior dificultade do percorrido era o Passo del Turchino, pero coa mellora das bicicletas e dos ciclistas agora está demasiado lonxe da meta para facer diferencias.

Isto levou á introdución, nos anos 60-80, de dous novos portos de montaña: o Poggio e o Cipressa. Aínda así, a carreira adoita rematar nun sprint.

O ciclista con máis vitorias desta clásica no seu haber é Eddy Merckx (7). A última edición (2007) foi gañada por Oscar Freire.

Ó situarse tan preto do principio da temporada ciclista, a Milán-Sanremo supón unha grande proba para ver o nivel de forza dos corredores máis rápidos, que son os que adoitan obter a vitoria (aínda que houbo notables excepcións).

Gañadores[editar | editar a fonte]