Luis Ocaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús Luis Ocaña Pernía
Informacións
Nome Jesús Luis
Apelido Ocaña Pernía
Data de nacemento 9 de xuño de 1945
Data de falecemento 19 de maio de 1994
País España España
Equipo
Último equipo
Equipo(s) Pro
19681969
19701974
19751976
1977
Fagor
Bic
Super Ser Zeus
Frisol Gazelle
Principais vitorias
Tour de Francia: Clasificación xeral MaillotAmarillo.PNG (1973) e 9 etapas
Volta a España: Clasificación xeral MaillotAmarillo.PNG (1970) e 6 etapas
Campionato de España en ruta Gold medal with cup.svg MaillotEspaña.svg (1972)
Dauphiné Libéré (1970, 1972, 1973)

Jesús Luis Ocaña Pernía, nado en Priego (Cuenca) o 9 de xuño de 1945 e finado en Mont-de-Marsan (Francia) o 19 de maio de 1994, foi un ciclista español que gañou o Tour de Francia en 1973.

Traxectoria [editar]

De neno viviu na localidade de Vila, no Val D'Aran. Despois emigrou cos seus pais a Mont-de-Marsan, onde se formou como ciclista con Antonin Magne. En 1968 debutou como profesional. En 1969 acadou o segundo posto na Volta a España, tras Roger Pingeon. Ó ano seguinte gañou de novo a Volta, sendo terceiro en 1971 e segundo en 1973 e 1976.

No Tour de Francia de 1971 Ocaña tivo que abandonar a carreira debido a unha grave caída no descenso do Col de Mente cando vestía o maillot amarelo e avantaxaba en case sete minutos e medio a Eddy Merckx. Porén, logrou nove tiradas e a vitoria final no Tour de 1973, no que non participou Merckx,levando o maillot amarelo desde a sétima etapa. Ese ano fóra segundo na Volta a España tras o campión belga. Máis adiante acadou a medalla de bronce no campionato do mundo de fondo en estrada. Amais, gañou nunha ocasión o Gran Premio das Nacións, tres veces a Dauphiné Libere e dúas Volta a Cataluña.

Una vez retirado adicouse á viticultura, vivindo no sur de Francia coa súa muller, Josiane. En 1979 tivo un accidente de tráfico no que que case perde a vida.


Suicidouse en 1994, logo dunha forte depresión por mor dos problemas económicos e a que sufría hepatite C logo dunha transfusión sanguínea. O 27 de maio de 2008 recibiu a título póstumo a Real Orde do Mérito Deportivo de España.