Sistema de posicionamento global

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Satélite Navstar GPS

O Global Positioning System ou Sistema de Posicionamento Global (máis coñecido coas siglas GPS aínda que o seu nome e correcto é NAVSTAR-GPS1) é un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS) o cal permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros. Aínda que a súa invención se lle atribúe aos gobernos francés e belga, o sistema foi desenvolvido e instalado, e actualmente operado, polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos.

Funcionamento do sistema[editar | editar a fonte]

Tres receptores GPS

O GPS funciona mediante unha rede de 27 satélites (24 operativos e 3 de respaldo) en órbita sobre o globo a 20.200 km con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. Cando se desexa determinar a posición, o aparato que se utiliza para iso localízase automaticamente como mínimo tres satélites da rede, dos que recibe unhas sinais indicando a posición e o reloxo de cada un deles. Con base nestas sinais, o aparato sincroniza o reloxo do GPS e calcula o atraso das sinais, é dicir, a distancia do satélite. Por "triangulación" calcula a posición no que este se atopa. A triangulación no caso do GPS, a diferencia do caso 2-D que consiste en detectar o ángulo respecto dos puntos coñecidos, se basea en determinar a distancia de cada satélite respecto o punto de medición. Coñecidas ditas distancias, determinase facilmente a propia posición relativa respecto os tres satélites. Coñecendo ademais as coordenadas a posición de cada un deles polo sinal que emiten, obtense a posición absoluta o coordenadas reais do punto de medición. Tamén se consigue unha exactitude extrema no reloxo do GPS, similar a da os reloxos atómicos que levan a bordo cada un dos satélites.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sistema de posicionamento global

Outros artigos[editar | editar a fonte]