Borrasca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Unha borrasca ou área da baixa presión é unha zona onde a presión atmosférica é inferior que a da rexión circundante. As borrascas asócianse xeralmente con ventos fortes e elevación atmosférica. Aparecen representadas nos mapas de isobaras coa letra "B".
Esta elevación soe producir ceos cubertos por mor do declive térmico cando o aire se satura, e poden minimizar a temperatura diúrna tanto no verán coma no inverno.
Nos centros de baixa presión os ventos circulan no sentido contrario ás maneciñas do reloxo no hemisferio norte e en sentido contrario no hemisferio sur (efecto de coriolis), converxendo nas proximidades do centro de baixa presión. As borrascas son depresións de moita menos extensión que los anticiclóns fixos e son case sempre móviles, trasladándose de W a E.
Índice |
[editar] Formación
Prodúcense cando existe unha masa de aire poco denso (cálido e/ou húmido) en contacto coa superficie terrestre que comeza a elevarse empuxada por unhas correntes térmicas ascendentes.Como consecuencia da elevación, no lugar que previamente ocupaba a masa, créase un baleiro no que o aire pesa menos(ten menos presión).Entón, o aire frío dos arredores móvese orixinando un vento que sopra dende o exterior cara ó centro da borrasca.
[editar] Tipos
1. As borrascas extratropicais ou borrascas ondulatorias, chamadas así por deberse a ondulacións das frontes polares.
2. As depresións térmicas, que se deben ó quencemento do solo e que non teñen frontes.
3. Os ciclóns tropicais que se forman en latitudes baixas.
A fricción do viento coa superficie da terra ten dous efectos:
- Redución da forza do vento.
- Inclinación de 10 a 20 graos respeto ás isobaras cara dentro do centro das baixas presións.
[editar] Manifestacións
Tornado.- É un violento remuíño de aire que xira en sentido contrario ás agullas do reloxo. A disminución de presión no interior é tan grande que orixina uns gradientes de presión grandísimos, que se compensan coa forza centrifuga e fan xirar os ventos a tal velocidad que crean unha especie de baleiro que se compensa con correntes ascendentes de aire. A estación da súa maior frecuencia é no verán.
Trombas mariñas.- Son tornados no mar, aínda que moito menos violentos. Para a súa formación é suficiente dúas masas de aire, unha fría e outra quente, con suficiente contraste de temperatura.