Lidar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LIDAR utilizado para o escaneo de edificios, formacións rochosas, etc. co obxectivo de xerar modelos 3D.

LIDAR son as siglas dunha tecnoloxía que consiste en calcular distancias dende un emisor láser cunha luzada láser. O sistema é moi sinxelo xa que consiste en calcular distancias sabendo o tempo que tarda a luzada láser en chegar ó destino final da distancia. Esta tecnoloxía é parecida ós contaquilómetros dos coches que calculan a velocidade do vehículo calculando canto tardan en dar unha volta sobre si mesmas as rodas dianteiras. En xeral, a tecnoloxía lidar, ten aplicacións en xeoloxía, sismoloxía e física da atmosfera.

Por exemplo en xeoloxía: fanse medicións de distancias con láser para aplicacións de mapas a gran escala, procesos de contorno e curvas de nivel para ortofotos dixitais.

Características e vantaxes[editar | editar a fonte]

Centrándonos máis no tipo de tecnoloxía, podemos dicir que a tecnoloxía empregada é como a que usan os policías nas súas pistolas láser para determinar a velocidade dos vehículos que circulan no tráfico rodado. Deste xeito podemos destacar algunhas das vantaxes da tecnoloxía láser fronte outras tecnoloxías de medición de distancias:

  • É moito máis rápido.
  • Ó emitir unha luzada láser, non diverxe tanto e é moito máis estreito que o do radar que se dispersa e rebota no entorno.
  • É máis fácil de manexar, transportar e manter.
  • É máis económico que un radar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lidar

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]