Sustentación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A sustentación é a forza xerada sobre un corpo que se despraza a través dun fluído, de dirección perpendicular á da velocidade da corrente incidente.

Como con outras forzas aerodinámicas, na práctica empréganse coeficientes adimensionais que representan a efectividade da forma dun corpo para produciren sustentación e úsanse para facilitaren os cálculos e os deseños.

O modelo matemático da forza de sustentación é:

L = \frac {1} {2} \rho V^2  A C_{L}

onde:

C_{L}= \frac {L}{ \frac {1} {2} \rho V^2 A }

Na aeronáutica[editar | editar a fonte]

Exemplo de gráfica coeficiente de sustentación-ángulo de ataque

En aeronáutica é a principal forza que permite que unha aeronave con ás se manteña en voo. Esta, ao ser maior có peso total da aeronave, permítelle despegar.

Para a sustentación emprégase a notación L, do termo inglés lift, e C_L para o coeficiente de sustentación, o cal sempre se busca sexa o maior posible.

Ademais, a sustentación, e en consecuencia, o seu coeficiente, dependen directamente do ángulo de ataque, aumentando segundo aumenta este até chegar a un punto máximo, despois do cal o fluxo de aire que pasa sobre o extradós (parte superior da á), non logra percorrer na súa totalidade e manterse adherido ao perfil aerodinámico, dando lugar á entrada en perda (stall, en inglés).

No automobilismo[editar | editar a fonte]

Para a sustentación utilízase a notación F_z, e C_z para o coeficiente de sustentación, xa que esta forza actúa paralelamente ao eixo OZ do triedro de referencia que se asocia ao vehículo.

Para poder comparar directamente a sustentación que producen dous vehículos nas mesmas condicións, utilízase o coeficiente SC_z, exactamente polos mesmos motivos que no caso da resistencia aerodinámica.

SC_z=C_z \cdot S_{planta}

Nos vehículos de rúa non se adoita ter en conta nin aproveitar a sustentación e mesmo pode haber un pequeno coeficiente positivo. .. En moitos tipos de vehículos de competición, como poden ser os da Fórmula 1, ocorre todo o contrario, buscándose que sexa negativo; é dicir, que o vehículo sexa empuxado cara ao chan, co obxectivo de obter un mellor agarre ou apoio aerodinámico, mediante superficies como aleróns ou o aproveitamento do fondo plano.
Ademais, nalgúns destes vehículos, dependendo entre outras cousas da distribución de masas e do tipo de tracción, búscanse apoios aerodinámicos diferentes para cada eixo, polo que pode haber un coeficiente diferente asociado a cada un deles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]