Exposición Universal de París de 1900

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da exposición.

A Exposición Universal de París de 1900 tivo lugar do 15 de abril ao 12 de novembro de 1900 en París, Francia.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Tiña unha superficie de 120 hectáreas, foi visitada por 50.860.801 persoas, participaron 58 países e tivo un custo total de 18.746.186 dólares.

A estación de Orsay (agora Museo de Orsay), o Petit Palais, o Grand Palais e a ponte Alexandre III foron construídos para celebrar a exposición universal. O Petit Palais e o Grand Palais foron construídos sobre o emprazamento do Palacio da Industria, o froito dunha exposición precedente (1855).

Unha gran noria foi construída na avenida de Suffren. Tiña un diámetro de 100 metros e foi demolida en 1937.

Os Xogos Olímpicos de París 1900 foron organizados durante a exposición.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exposición Universal de París de 1900

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]