Ruína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista imaxinaria da Gran Galería do Louvre en ruínas (1796), de Hubert Robert.

O termo ruína é usado para describir os restos de arquitectura humana, estruturas que algunha vez foron un todo, pero que se han derruido parcial ou completamente debido á carencia de mantemento ou aos actos deliberados de destrución. As catástrofes naturais, as guerras e a despoboamento, son as causas máis comúns que levan a unha edificación ás ruínas.

Existen ruínas famosas en todo o mundo, desde antigos lugares en China, o Val do Indo e Xudea, ata sitios de Zimbabue en África, Grecia, Exipto e Roma ao lado da conca do Mediterráneo, como tamén nos territorios incas e maias de América.

As ruínas son moi importantes para os historiadores, arqueólogos e antropólogos, trátese do que algunha vez foron fortificacións, lugares de adoración, casas, edificios ou pobos, vilas e cidades enteiras. Moitas das ruínas descubertas ou coñecidas, volvéronse Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco en anos recentes, entidade que os identifica e conserva como áreas de valor excepcional para a humanidade.

As ruínas forman parte do repertorio de ideas e correntes de pensamento e reflexión filosófica e de estética a partir do Renacemento italianon, no cal resalta a obra de Piranesi, e posteriormente no século XVIII con Edmund Burke e William Gilpin, relacionado con categorías estéticas como o sublime e o pintoresco. Innumerables obras de arte, tanto na pintura como na arquitectura e a literatura, conteñen representacións da ruína como metáfora e alegoría, en torno ao pasado da humanidade e a condición moral da existencia humana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]