Sapoconcho común
| Sapoconcho | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Emys orbicularis (Linnaeus, 1758) |
|||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||
O sapoconcho (Emys orbicularis) é unha tartaruga da familia Emydidae e única representante do xénero Emys, que se atopa no centro e sur de Europa, Asia occidental, Norteamérica e a zona mediterránea de África. Vive preto ou en cursos de auga cuxa corrente sexa lenta e inverna durante máis de sete meses ao ano no fondo da auga. É unha tartaruga de tamaño medio e varía segundo as zonas entre 12 e 38 cm de lonxitude. O seu caparazón é marrón con zonas verdosas e algunha mancha amarelada.
Fai entre 5000 e 8000 anos, cando o clima europeo era máis cálido, esta tartaruga podíase atopar máis ao norte acadando a actual zona do sur de Suecia.
Parasitos [editar]
Esta especie pode albergar diversas especies de parasitos, incluídos Haemogregarina stepanovi, monoxéneos do xénero Polystomoides, trematodos vasculares do xénero Spirhapalum e varias especies de nematodos.