Testudínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Testudinidae»)
Testudinidae

Geochelone radiata

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Superfamilia: Testudinoidea
Familia: Testudinidae
Subfamilias

A familia dos testudínidos (Testudinidae) comprende ó redor de 43 especies, das que a maioría pertencen o xénero Testudo e das que se atopan restos fósiles dende o Eoceno. A diferenza doutras familias da superfamilia Testudinoidea, estas son tartarugas terrestres, ben adaptadas á escasa humidade.

Características[editar | editar a fonte]

Son tartarugas fundamentalmente herbívoras que sobreviven con poucos recursos en zonas secas. Teñen unha cuncha máis alombada que as doutras familias e o seu tamaño varía dende o intermedio ao pequeno como é o caso das especies do xénero Testudo que son as que podemos atopar na Península Ibérica.

Os ovos son brancos e esféricos, e acostuman incubarse en dous ou tres meses. Os individuos máis novos teñen formas máis arredondadas e deseños máis vivos e definidos que os dos adultos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

  • Xénero Chersina
    • Chersina angulata
  • Xénero Geochelone (subdividido modernamente)
    • Geochelone carbonaria
    • Geochelone chilensis
    • Geochelone denticulata
    • Geochelone elegans
    • Geochelone gigantea
    • Geochelone nigra
    • Geochelone pardalis
      • Geochelone pardalis pardalis
      • Geochelone pardalis babcocki
    • Geochelone platynota
    • Geochelone radiata
    • Geochelone sulcata
    • Geochelone yniphora
  • Xénero Gopherus
    • Gopherus agassizii
    • Gopherus berlandieri
    • Gopherus flavomarginatus
    • Gopherus polyphemus
  • Xénero Homopus
    • Homopus areolatus
    • Homopus bergeri
    • Homopus boulengeri
    • Homopus femoralis
    • Homopus signatus
  • Xénero Indotestudo
    • Indotestudo elongata
    • Indotestudo forstenii
  • Xénero Kinixys
    • Kinixys belliana
      • Kinixys belliana noguery
      • Kinixys belliana belliana
      • Kinixys belliana zombensis
    • Kinixys erosa
    • Kinixys homeana
    • Kinixys lobatsiana
    • Kinixys natalensis
    • Kinixys spekii
  • Xénero Malocochersus
    • Malocochersus tornieri
  • Xénero Manouria
    • Manouria emys
      • Manouria emys emys
      • Manouria emys phayrei
      • Manouria emys nutapundi
    • Manouria impressa
  • Xénero Psammobates
    • Psammobates geometricus
    • Psammobates oculifer
    • Psammobates tentorius
      • Psammobates tentorius tentorius
      • Psammobates tentorius trimeni
      • Psammobates tentorius verroxii
  • Xénero Pyxis
    • Pyxis arachnoides
      • Pyxis arachnoides arachnoides
      • Pyxix arachnoides brygooi
      • Pyxix arachnoides oblonga
    • Pyxis planicauda
  • Xénero Testudo
    • Testudo graeca
    • Testudo hermanni
    • Testudo horsfieldii
    • Testudo kleinmanni
    • Testudo marginata
    • Testudo werneri

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Javier Andrada: Guía de campo de los anfibios y reptiles de la Peninsula Ibérica.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]