Coiraza (tartarugas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outro significado véxase Coiraza.
A imaxe da dereita mostra o plastrón dunha Testudo hermanni. Á esquerda o escudo do mesmo exemplar.
Un esqueleto de tartaruga mostrando como a coiraza ou caparazón se conecta co resto do esqueleto.

A coiraza [1] ou caparazón das tartarugas é a cuberta exterior dura que protexe o seu corpo.

Está formada xeralmente por placas óseas revestidas de placas queratinitzades e, ás veces, só por placascórneas.

Divídese no plastrón (parte ventral) e o espaldar (parte dorsal), unidas pola ponte.

Para formaren a coiraza, a columna vertebral e as costelas fusiónanse formando placas baixo a pel. Exteriormente, a pel está cuberta por placas córneas que a protexen de maneira máis eficaz.[2] [3]

As coirazas de moitas tartarugas presentan cores brillantes con motivos orixinais que permiten identificar individuos da mesma especie a certa distancia.

Plastrón[editar | editar a fonte]

Pezas do plastrón.
Pezas do escudo.

O plastrón ou peto [4] é a parte case plana da estrutura da coiraza da tartaruga. É a parte que cobre o ventre, cunha capa externa de material dividido en placas e unha capa subxacente de ósos que se entrecruzan.

As placas do plastrón únenese ao longo dunha sutura. A lonxitude relativa dos segmentos poden utilizarse para identificar as especies.

Ademais da nucal (1), hai seis pares de placas laterais simétricas no plastrón: gular (2), humeral (3), pectoral (4), abdominal (5), femoral (6) e anal (7). (os números refírense á súa localización no debuxo adxunto).

Nalgunhas familias de quelonios hai unha bisagra entre as placas pectorais e abdominais (segmentos 8, 9 e 10 do debuxo) que permiten á tartaruga pechase case completamente.

En determinadas especies, pode determinarse o sexo da tartaruga examinando o plastrón: se é cóncavo, é macho, e de ser convexo, femia. Isto débese á posición que adoptan para o apareamento.

As suturas das placas abdominais e gulares son dun tamaño equivalente, ao igual que as das placas pectorais e femorais.

A comparación da configuración do plastrón serve para distinguir asa especies.

Espaldar[editar | editar a fonte]

O espaldar é a parte dorsal da coiraza das tartarugas, formada, como o peto, por escudos córneos e placas óseas soldadas ás vértebras e ás costelas.

Entrte as pezas ou placas do espaldar distínguense a nucal, as centrais, as marxinais, as costais e as supracaudais (véxase o esquema adxunto).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. coiraza no dicionario da RAG.
  2. A. S. Romer (1956): Osteology of the Reptiles. University of Chicago Press.
  3. R. Zangerl (1969): "The turtle shell", en C. Gans, D. d'A. Bellairs & T. A. Parsons (eds.) Biology of the Reptilia Volume 1. London: Academic Press, pp. 311–340.
  4. plastrón no dicionario da RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Devillers, Ch. e P. Clairambault: Vertebrados. Anatomnía comparada. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 2). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal.. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]