Río Ucayali
| Ucayali | |
|
O Ucayali en Pucallpa |
|
| País | Perú |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Río Apurimac + Río Urubamba |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 1.600 km (2.670 km) |
| Caudal medio | 12.600 m3/s |
| Conca | 315.000 km2 |
| Desembocadura | Río Amazonas |
O Ucayali é un longo río peruano, considerado como un dos brazos principais do curso alto do río Amazonas, do que se coida a orixe mesma. O sistema Amazonas-Ucayali eleva a lonxitude do primeiro até os 6.275 km.
Índice |
[editar] Percorrido
O río Ucayali nace na rexión homónima, no Perú, da confluencia dos ríos Apurimac e Urubamba, no nordeste dos Andes centrais. Corre, en suave pendente cara o noroeste do país até xuntarse co río Marañón, perto da poboación de Nauta, na Rexión de Loreto, dando dese xeito a unha dobre fonte para o Amazonas. Desde a confluencia dos Apurimac e o Urubamba, a lonxitude do Ucayali é de 1.600 km.
O seu curso total atinxe os 2.670 quilómetros de lonxitude, se se toma como nacemento o do río Apurimac, que ten lugar no Nevado de Mismi, a uns 160 km a oeste do lago Titicaca.
[editar] Afluentes
Os tributarios máis importantes do Ucayali son o Urubamba, o Cohenga, o Tahuania, o Sheshea, o Tamaya, o Tapiche, o Pachitea e máis o Aguaytía.
[editar] Portos fluviais
Do total do percorrido do Ucayali, uns 1.500 son navegábeis para embarcacións de até 3.000 tm. Os portos principais nas súas beiras son as cidades de Pucallpa, Contamana e Requena.