Transamazónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Rodovia Transamazônica (BR-230) é a terceira estrada máis grande do Brasil, con 4 965,1 km de percorrido.

Foi proxectada durante o réxime militar brasileiro de Emílio Garrastazu Médici (1969 a 1974); foi responsabilidade do ministro Mário Andreazza. Chamouse "obra faraónica" por mor das súas grandes proporcións.​

Une Cabedelo, en Paraíba, con Benjamin Constant (Amazonas), atravesando sete estados brasileiros: Paraíba, Ceará, Piauí, Maranhão, Tocantins, Pará e Amazonas.​​

En gran parte do seu percorrido, principalmente en Pará e Amazonas, non está pavimentada.​ O tramo de 147,6 quilómetros entre Cabedelo -onde se sitúa o seu fito 0- e Campina Grande, pasando polo Gran João Pessoa e outros concellos, duplicouse nos anos 1995 a 2000. Unha nova duplicación entre os concellos de Campina Grande e Cajazeiras.[1][2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]