Marajó
| Marajó | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Breves (pob. 99.223) |
| País | Brasil |
| Localización | Río Amazonas |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 250.000 hab. |
| Superficie | 40.100 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 0°59′S 49°35′W / 0.983°S 49.583°W |
| Maior Altura | 40 m. |
| Localización | |
Marajó é unha illa situada na desembocadura do Amazonas, na zona setentrional da costa atlántica de Brasil. A súa superficie é de 40.100 km², que chega a 49.602 km² incluíndo as illas veciñas coas que conforma un arquipélago, cunha poboación que non supera os 200.000 habitantes.
É a maior illa do mundo rodeada tanto por auga doce como por auga mariña. A cidade de Belém atópase situada en boca sur do Amazonas, fronte á illa.
Durante a epidemia de gripe española de 1918-1919, Marajó foi a única zona poboada na cal non rexistrou ningún caso desta enfermidade.
O Proxecto de Decreto Lexislativo nº 2419, do ano 2002, dispón a eventualidade da realización dun plebiscito para a creación do Territorio Federal de Marajó. Este proxecto, en tramitación no Congreso Nacional, definiría que en caso de ser aprobado, os seguintes municipios do estado de Pará serían desmembrados para constituír o mencionado Territorio Federal: Afuá, Anajás, Bagre, Breves, Cachoeira do Arari, Chaves, Curralinho, Gurupá, Melgaço, Muaná, Ponta de Pedras, Portel, Salvaterra, Santa Cruz do Arari, São Sebastião dá Boa Vista e Soure.