Torrecerredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°11′51″N 4°51′6″W / 43.19750°N 4.85167°W / 43.19750; -4.85167

Torrecerredo
Torrecerredo.jpg
O Torrecerredo desde a Torre de la Párdida; ao fondo a Peña Santa.
Elevación: 2.648 m.s.n.m.
Coordenadas: 43°11′51″N 4°51′6″W / 43.19750°N 4.85167°W / 43.19750; -4.85167
Localización: Asturias, Castela e León (España)
Cordilleira: Picos de Europa, Cordilleira Cantábrica
Primeira acensión: 30 de xuño de 1882
Rota máis fácil: Jou de Cerredo
[[]]

O Torrecerredo ou Torre de Cerredo (en asturiano, Torrecerréu) é unha montaña española que con 2.648 metros sobre o nivel do mar constitúe o cume cimeiro dos Picos de Europa, da Cordilleira Cantábrica e máis do noroeste da Península Ibérica, e por suposto tanto de Asturias como da Comunidade de Castela e León.

Situación[editar | editar a fonte]

O Torrecerredo ou Torre de Cerredo érguese no Macizo Central dos Picos de Europa ou macizo dos Urrieles, na divisoria das provincias de Asturias e León. O seu cume, cun desnivel de máis de 2.200 metros sobre do río Cares, permite unhas fermosas vistas do macizo occidental e dos cauces que verquen sobre da garganta do Cares.

Ascensións[editar | editar a fonte]

O pico foi escalado por primeira vez por Aymar d'Arlot de Saint Saud, Paul Labrouche, Juan Suárez, de Espinama, e máis François Salles, de Gavarnie, o 30 de xuño de 1882.

A vía máis fácil de ascensión arrinca desde Jou de Cerredo e está catalogada como Pouco Difícil Inferior. No último tramo, duns 200 metros, ten unha aproximación sinxela, para a cal non é precisa nin material de escalada. As dúas rutas de aproximación máis empregadas parten desde os próximos refuxios de Jou de los Cabrones e da Vega de Urriellu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]