Posada de Valdeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°9′6″N 4°55′10″W / 43.15167°N 4.91944°W / 43.15167; -4.91944

Posada de Valdeón
Coats of arms of None.svg Flag of Posada de Valdeón Spain.svg
Situación xeográfica
Posada de Valdeón - Mapa municipal.svg
Estado: España España
Com. Autónoma: Castela e León
Provincia: León
Comarca: Montaña Oriental
Xeografía
Altitude: 930 msnm
Superficie: 164,60 km²
Poboación
Poboación total: 485 hab. (2012)
Densidade de poboación: 2,95 hab./km²
Xentilicio: valdeonés/esa
Información
Código postal: 24915
Alcalde: Tomás Alonso Casares (PP)
Sitio na web: www.valdeon.org

Posada de Valdeón é un concello español da provincia de León (Castela e León), localizado dentro do Parque Nacional dos Picos de Europa. A súa poboación é de 485 habitantes (INE 2012).

Índice

Demografía [editar]

Evolución da poboación de: Posada de Valdeón desde

1996 ata 2007

1996

1999 2001 2003 2005 2007

511

484 495 515 536 543

Fonte: INE

Contexto natural [editar]

Os territorios municipais atópanse incluidos no Parque Nacional dos Picos de Europa, ocupando un extenso val enclavado entre os macizos occidental e central dos mesmos. Nestes macizos podemos atopar alturas que superan os 2.500 metros (Torre Cerredo, Torre Friero, Torre Salinas, Torre Bermeja, Torre Santa...) Atravésao o río Cares de sur a norte. A última vila do val é Caín de Valdeón, onde comeza a famosa ruta do río Cares, que leva a Puente Poncebos (Asturias).

Pódense atopar especies diversas, tanto vexetais como animais tales como o acivro, a abeleira, o castiñeiro, o fresno, o loureiro, o carballo, a aguia real, o gabián, o voitre, a pita do monte, o quebrantaosos, o lobo, o gato montés, o xabarín, o rebeco, o esquío vermello e a troita, entre outras.

A capital está situada a 930 metros de altitude.

Localidades [editar]

Festividades [editar]

Historia [editar]

Antiguamente este territorio formaba parte da tribo cántabra dos Vadinienses, e é posible que Paio de Asturias nacese aquí, sendo moi probable que fose coroado rei na paraxe de Corona, a 5 km de Posada.

Gastronomía [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]