Castrocontrigo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castrocontrigo é un concello da provincia de León, que está situado a uns 80 quilómetros a oeste da capital provincial. Áchase na comarca de La Valdería, próxima a da Cabreira.
O municipio ocupa unha área de 194,49 km2, e a súa poboación en 2005 era de 1.075 habitantes, o que resulta nunha densidade populacional de 5,52 hab/km2.
Índice |
Étimo[editar]
O seu nome procede dun antigo Castru Guntherigu, do nome dun antigo posesor de nome xermano latinizado.
Entidades[editar]
O concello está formado polas seguintes localidades:
- Castrocontrigo.
- Morla de la Valdería.
- Nogarejas.
- Pinilla de la Valdería.
- Pobladura de Yuso.
- Torneros de la Valdería.
Festas[editar]
- Corpus Christi.
- Patronais, celébranse no primeiro fin de selmana do mes de agosto.