Burón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°1′24″N 5°3′4″W / 43.02333°N 5.05111°W / 43.02333; -5.05111

Burón
Flag of None.svg Escudo de Burón.svg
Lario-Leon.JPG
Lario, no concello de Burón.
Situación xeográfica
Burón - Mapa municipal.svg
País España España
Com. Autónoma Castela e León
Provincia León
Comarca Montaña Oriental
Xeografía
Altitude 1.103 msnm
Superficie 155,71 km²
Poboación
Poboación 360 hab. (2011)
Densidade 2,28 hab./km²
Información
Código postal 24994
Alcalde Porfirio Díez Casado (PP)
Páxina web www.aytoburon.es

Burón é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 360 habitantes (INE 2011). Está situado no Parque Nacional dos Picos de Europa.

Contexto xeográfico[editar | editar a fonte]

Paisaxe do parque nacional dos Picos de Europa, no cal esta incluído Burón.

Burón está situado no val de Valdeburón, rodeado de montañas e cunhas paisaxes dignas de ver. Nos seus limites están os vales de Mirva, Rabanal e San Pelayo. O curso do río Esla pasa pola vila de Burón, estando situado o seu nacemento no val de Valdosín, próximo ao porto de Tarna.

Situado nunha das colas do Encoro de Riaño, uns poucos metros por riba da cota 1.100 msnm o salvaron do asolagamento, pero a igrexa e outros edificios emblemáticos tiveron que ser trasladados.

Fronte á vila de Burón pódese admirar a maxestosidade do pico Burín, chamado pico Yordas en Riaño. As faias e as penas do seus arredores configuran un marco de incomparábel beleza.

Localidades[editar | editar a fonte]

  • Casasuertes
  • Cuénabres
  • Lario
  • Polvoredo
  • Retuerto
  • Vegacerneja

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]