Asociación Berciana da Lingua Xarmenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Berciana da Lingua Xarmenta
Tipoasociación cultural
Data de fundación2005
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta é unha asociación cultural berciana cuxo fin é a defensa, protección e divulgación da lingua galega que se fala no Bierzo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundada no ano 2005 por alumnado e profesorado de galego do Bierzo aos que se lles sumaron membros doutras asociacións e profesións, o seu nome fai referencia á cultura vitivinícola do Bierzo xa que Xarmenta, vocábulo tradicional do galego berciano, son os conxuntos de vidras dunha vide. O seu portavoz é Manuel Maña.

Cada ano fan entrega do Premio Xarmenta a persoas, asociacións ou institucións que se destacaron pola súa defensa da lingua galega no Bierzo. Este premio adóitase entregar nunha multitudinaria gala musical no Teatro Bergidum de Ponferrada en xaneiro de cada ano.

Tamén entregan o Premio Literario Poeta Antonio Fernández Morales, en colaboración co Concello de Cacabelos no que participan escolares e autores en galego; o Premio Xarmenta de Debuxo destinado a escolares bercianos que seguen o programa de lingua galega e máis o Certame Artístico Literario Vagalume, en colaboración con Vagalume-Valdeorras.

Desde 2006 editan en galego unha revista chamada “Xarmenta. Revista da Asociación Berciana da Lingua Xarmenta[1][2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Número 2 da revista Xarmenta. Revista da Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, [1]
  2. Número 3 da revista Xarmenta. Revista da Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, [2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]