Igrexa de Santo Tomás de las Ollas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santo Tomás de las Ollas
Ábsida de Santo Tomás de las Ollas
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónCastelá e León
Tipoigrexa
AdvocaciónSanto Tomé
LocalizaciónSanto Tomás de las Ollas, Ponferrada (León)
Coordenadas42°33′17″N 6°34′46″O / 42.554694444444, -6.5794166666667Coordenadas: 42°33′17″N 6°34′46″O / 42.554694444444, -6.5794166666667
CatalogaciónMonumento Histórico-Artístico
Culto
Cultosen culto
DioceseAstorga
Arquitectura
Construciónséculo X
FundadorAbade Salomón
EstiloMozárabe e románico
igrexa de Santo Tomás de las Ollas en España
igrexa de Santo Tomás de las Ollas
igrexa de Santo Tomás de las Ollas
editar datos en Wikidata ]
Planta da Igrexa.

A igrexa de Santo Tomás de las Ollas é un templo relixioso situado na aldea do mesmo nome, no concello de Ponferrada, na provincia de León.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome da igrexa, tomado da aldea Santo Tomás de las Ollas, provén do oficio principal desa localidade: a olaría. Provían de xénero á zona do Val do Oza. A ermida foi doada polo Bispo de Astoga á comunidade do Mosteiro de San Pedro de Montes.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A súa construción orixinal data do século X, despois da cal se efectuaron diversas modificacións, que remataron coa da sancristía, do século XIX. A ermida consta dunha nave rectangular con só unha ábsida que, a pesar de ter unha planta ovalada, continúa a liña rectangular da nave nos seus muros exteriores. O teitume é a dúas augas, de lousa e aséntase sobre unha armadura de madeira.

Accédese á ábsida dende a nave a través dun dobre arco de ferradura (arco triunfal) sostido por pilastras. A ábsida, que aloxa a Capela Real, é de construción anterior á nave principal e a súa planta é máis estreita que a da nave.

Arcos de ferradura na capela maior.

No século XII substituíuse a portada pola que existe ata hoxe, de estilo románico e de medio punto. Fixéronse outras modificacións no século XVII, como rebaixar a altura da nave (que anteriormente igualaba á da ábsida), e o engadido de acabados mouriscos e revocadura de cal no interior. Engadiuse tamén unha capela ao muro norte da nave con dous contrafortes diagonais nos vértices que comunican cunha porta de medio punto.

Arco triunfal dobrado (dobre arco de ferradura) que separa a capela maior da nave.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]