Ponte de Domingos Flórez
| Ponte de Domingos Flórez | |
|---|---|
| Xentilicio[1] | pontarego, -a |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de León |
| Comarca | Cabreira |
| Poboación | 1.655 hab. (2011) |
| Área | 59,18 km² |
| Densidade | 27,97 hab./km² |
| Entidades de poboación | Castroquilame, Eres, A Ponte de Domingos Flórez, Robledo de Sobrecastro, Sas da Ribeira, San Pedro de Trones e As Veigas de Eres. |
| Capital do concello | A Ponte de Domingos Flórez |
| Política (2007) | |
| Alcalde | Raquel Velasco Arias (PSOE) |
| Concelleiros | PP: PSOE: Outros: |
| Uso do galego[2] () | |
| Galegofalantes | % |
| Páxina web oficial | |
| www.puentedomingoflorez.ccbierzo.net/ | |
A Ponte de Domingos Flórez (en castelán e oficialmente Puente de Domingo Flórez) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 59,39 km², na que viven 1.655 habitantes (INE 2011), cunha densidade de poboación de 27,97 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.
Xeografía [editar]
A Ponte sitúase ao longo do tramo inferior do río Cabreira, que entra aquí, aínda encaixado, no río Sil. Só na parte leste do concello se abre unha veiga, sobre terrazas fluviais do último dos ríos, e que se estende ata Sas ("Salas"), o que xustificou que antigamente esta zona se chamase A Ribeira. Aínda que A Ponte de Domingo Flórez se ve indicada como capital da Cabreira Baixa, o certo é que na documentación histórica formaba parte da Ribeira, cualificativo que aínda se conserva en Sas da Ribeira. O Sil forma precisamente límite coa provincia de Ourense, situándose na outra beira o concello valdeorrés de Rubiá, e a localidade de Quereño, que mantivo sempre tradicionais relacións coa Ponte, máxime desde a chegada do ferrocarril, que abriu unha estación no devandito lugar. Para pasar dun lado ao outro do río, fíxose uso en tempos de barcas (barca de Quereño), até que nos inicios do século XX, unha familia asentada en Quereño, os López, construíron unha ponte colgante sobre o Sil, cobrando unha tarifa por pasar.
Porén a estrada entre Ourense e Ponferrada pasaba pola Ponte de Domingo Flórez, para o que se construíu unha nova ponte. A ponte vella, que da o seu nome a esta localidade está no núcleo máis antigo e afastada da nova estrada.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
| Concellos galegofalantes | provincia de León : O Bierzo | |
|---|---|
|
Barxas | Borrés | Cacabelos | Candín | Carucedo | Carracedelo | Corullón | Oencia | Ponte de Domingos Flórez | Sobrado | Toural dos Vados | Trabadelo | Valboa | A Veiga de Valcarce | Vilafranca do Bierzo |
|
| Concellos parcialmente galegofalantes Arganza | Benuza | Camponaraia | Fabeiro | Peranzais | Ponferrada | Priaranza | A Veiga de Espiñareda |
|
|||||||||||||||||||