Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
||
|
|
||
Santuario de Oropa en Biella |
||
| Inscrición: | 2004 | |
| País: | Italia | |
| Localización: | 45°58′28″N 9°10′10″E / 45.97444°N 9.16944°E | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | (ii), (iv) | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
Os Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía son grupos de capelas e de outros elementos arquitectónicos realizados entre finais do século XV e finais do século XVII, consagrados a varios aspectos da fe cristiá nas rexións italianas de Piemonte e Lombardía. Ademais do seu significado relixioso simbólico, son tamén dunha grande beleza grazas á hábil integración dos elementos arquitectónicos nas paisaxes naturais rodeadas de outeiros, fragas e lagos. Conteñen tamén obras de arte moi importantes baixo forma de frescos e de estatuas.
Diferentes Sacri Monti [editar]
Os nove Sacri Monti son:
- O Sacro Monte ou Nuova Gerusalemme (Nova Xerusalén) de Varallo Sesia (1486), provincia de Vercelli
- O Sacro Monte di Santa Maria Assunta, Serralunga de Crea (1589), provincia de Alessandria
- O Sacro Monte di San Francesco, Orta San Giulio (1590), provincia of Novara
- O Sacro Monte del Rosario, Varese (1598), provincia de Varese
- O Sacro Monte della Beata Vergine, Oropa (1617), provincia de Biella
- O Sacro Monte della Beata Vergine del Soccorso, Ossuccio (1635), provincia de Como
- O Sacro Monte della SS.Trinità, Ghiffa (1591), provincia de Verbano-Cusio-Ossola
- O Sacro Monte Calvario, Domodossola (1657), provincia de Verbano-Cusio-Ossola
- O Sacro Monte di Belmonte, Valperga (1712), provincia de Turín