Provincia de Turín
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| País | |
| Rexión | |
| Capital | Turín |
| Área | 6.821 km² |
| Poboación | 2.299.616 (2010) |
| Densidade | 86,3 hab/km² |
| Municipios | 315 |
| Matrícula | TO |
| Código postal | 10121-10156 Turín, 10010-10099 provincia |
| Prefixo telf. | 011, 0121, 0122, 0123, 0124, 0125, 0161 |
| Presidente | Antonino Saitta (PD) 22.06.2009 |
| Situación da Provincia de Turín en Italia | |
Turín (en italiano Torino) é unha provincia da rexión do Piemonte, en Italia. A súa capital é a cidade de Turín.
Ten unha área de 6.830 km2, e unha poboación de 2.121.233 habitantes (2001). Hai 315 municipios na provincia.
Fai fronteira a norte co Valle d'Aosta, a leste coa provincia de Biella, provincia de Vercelli, provincia de Alessandria e provincia de Asti, a sur coa provincia de Cuneo e a oeste con Francia (departamento de Savoia, na rexión de Ródano-Alpes e departamento dos Alpes Altos, na Provenza-Alpes-Costa Azul).